InicioPolíticaA folga de radiólogos en Vigo, "un conflicto concreto e localizado", para...

A folga de radiólogos en Vigo, “un conflicto concreto e localizado”, para Rueda

PUBLICADO O

- Advertisement -

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, sinalou este luns que a folga do servizo de Radioloxía do Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo é un “conflito localizado” e advertiu, en relación ás demandas do colectivo, que este servizo debe seguir “un criterio homoxéneo en todas as áreas”.

Así o manifestou o titular do Executivo galego en resposta a preguntas dos medios, na rolda de prensa posterior á reunión do Consello da Xunta. O presidente galego matizou que a folga indefinida de Radiólogos do hospital vigués é “un conflito localizado especificamente nun hospital concreto”, e asegurou que o goberno galego seguirá “traballando para tentar chegar a unha solución”.

Ante as demandas destes profesionais, que reclaman reforzar o servizo con máis persoal, Alfonso Rueda sinalou que “por unha banda din que non piden nada, e por outro que non lles convencen as propostas da Xunta”.

En todo caso, o presidente matizou que a Xunta ten que seguir “un criterio homoxéneo en todas as áreas, adaptándose ás circunstancias”, no que respecta ao funcionamento do servizo de Radioloxía. “Espero que podamos chegar a un acordo e póidase funcionar coa mesma normalidade que no resto de áreas”, insistiu.

ÚLTIMAS

Retroceder as praias ou recuar a Administración

O que está a acontecer este inverno na costa da ría de Vigo non...

GKN Driveline Vigo rebaixa a 50 os afectados polo ERE, pero a CIG convoca unha folga de sete días

A auxiliar de automoción GKN Driveline Vigo reduciu de 75 a 50 o número...

Sanidade inspecciona o servizo de Dermatoloxía de Povisa tras as denuncias por falta de especialistas

A Consellería de Sanidade realizou unha visita de inspección ao servizo de Dermatoloxía do...

O PP de Vigo esixe a dimisión de Patricia Rodríguez polo “caos” na Policía Local e a frota coa ITV caducada

A presidenta do PP de Vigo, Luisa Sánchez, denunciou o "desgoberno" e o "caos...