InicioPolíticaCaballero denuncia falta de investimento da Xunta en saneamento e di que...

Caballero denuncia falta de investimento da Xunta en saneamento e di que Rueda é máis “antiVigo” do que foi Feijóo

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, denunciou este luns que a Xunta investiu "cero" en materia de saneamento na cidade nos últimos 18 anos.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, denunciou este luns que a Xunta investiu “cero” en materia de saneamento na cidade nos últimos 18 anos e constatou que o presidente Alfonso Rueda “é moito máis contrario” á cidade do que foi Núñez Feijóo. En declaracións remitidas aos medios, o rexedor olívico referiuse a investimentos autonómicos para saneamento noutros municipios, como Salceda de Caselas, Mos ou Poio. “E señoras e señores da Xunta, e en Vigo? cantas obras de saneamento fixeron vostedes en Vigo desde que eu son alcalde? 18 anos e ningunha, cero”, denunciou Caballero.

Segundo o alcalde, o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, “é tan, tan, tan antiVigo…” e lembrou que a cidade paga 6 millóns de euros anuais polo canon do saneamento e o goberno galego “non reinviste nada” na cidade. “Témolo que facer nós, teno que facer o Concello de Vigo”, proclamou. “Isto é o antiVigo de Rueda. Rueda é moito máis contrario a esta cidade do que era Feijóo, e xa era difícil superar isto. Xa é unha marca case imposible de bater, pero é certo. Investimentos en todas partes, accións en todas partes e en Vigo, nada”, sentenciou.

ÚLTIMAS

Miles de persoas claman en Vigo contra a “privatización” da sanidade

Miles de persoas, unhas 15.000 segundo a Policía Nacional, manifestáronse este xoves polas rúas...

Catro persoas condenadas en Vigo por estafar 17.000 euros a unha empresa mediante ‘phishing’

O Xulgado do Penal 1 de Vigo condenou a catro persoas a penas de...

Recurso do goberno de Vigo pola anulación das liquidacións pola subministración de auga a Porriño

O goberno municipal de Vigo confirmou este xoves que recorrerá a sentenza do contencioso...

O BNG esixe unha investigación “a fondo” en Povisa tras o escándalo de manipulación de listas en Torrejón

O BNG urxiu este xoves unha "investigación a fondo" no hospital Povisa de Vigo...