InicioPolíticaVigo defende a intervención do Concello no mercado inmobiliario para conter prezos

Vigo defende a intervención do Concello no mercado inmobiliario para conter prezos

PUBLICADO O

- Advertisement -

A concelleira de Urbanismo de Vigo, María José Caride, defendeu este mércores unha intervención directa do Concello no mercado inmobiliario para conter os prezos. Así o sinalou durante a súa participación nun encontro celebrado no Círculo de Empresarios de Galicia, onde apuntou cara a “conter o prezo da vivenda libre aumentando de forma decisiva a oferta protexida”.

Foi a presidenta do organismo, María Borrás, a que abriu o acto, destacando o compromiso da entidade co diálogo entre institucións, empresas e sociedade civil para afrontar “retos estratéxicos como o urbanismo, clave para o desenvolvemento económico e social de Vigo”. A partir de aí, Caride colleu a palabra, lembrando a aprobación do novo Plan Xeral de Ordenación Municipal, que contempla a construción de 51.000 novas vivendas, das cales un 37% estará en réxime de protección oficial.

Para logralo, tal como dixo e recolle o Círculo nun comunicado, o Concello reforzará o seu papel no mercado residencial coa creación dunha Empresa Municipal de Vivenda, que poderá comprar, xestionar e promover vivenda pública, adquirir inmobles de promocións existentes e destinalos a aluguer social, “garantindo que as familias non destinen máis do 30% da súa renda”. “Non se trata só de planificar, senón de actuar directamente para ofrecer alternativas reais”, defendeu Caride.

ÚLTIMAS

Un cargueiro á deriva fronte a Portugal é remolcado a Vigo tras quedar sen temón

O cargueiro Xeral Eikborg, de bandeira neerlandesa, está a ser remolcado este venres ata...

O Porto de Vigo retira os terreos do antigo Vulcano a Estaleiros San Enrique tras caducar a súa concesión

O consello de administración da Autoridade Portuaria de Vigo resolveu por unanimidade o expediente...

Mos ameaza con ir aos tribunais polo abandono da A-55 e da N-550

A xunta de goberno local de Mos aprobou este venres a formulación dun requirimento...

Sanidade garante a atención aos usuarios de Povisa e abre unha investigación polas denuncias de falta de médicos

A Consellería de Sanidade reiterou este venres que os usuarios do hospital vigués Hospital...