O alcalde de Vigo, Abel Caballero, confirmou este sábado que o grupo socialista presentará no pleno do luns unha moción sobre Palestina na que expresan o seu apoio á petición do Goberno de España de recoñecer este territorio como Estado.
“Rexeitamos e condenamos contundentemente e con toda a nosa forza o xenocidio e a ocupación ilegal de Gaza e Cisxordania”, afirmou Caballero en declaracións aos medios.
O rexedor vigués indicou que a moción recolle a defensa das resolucións da ONU, o respecto ás fronteiras de 1967, o “apoio incondicional” á liberación de todos os reféns e o acceso “completo, seguro e sen restricións” da axuda humanitaria á poboación palestina.
CHAMAMENTO CONTRA O SILENCIO
Caballero advertiu de que “ninguén pode gardar silencio diante dun xenocidio desta envergadura e coa gravidade e o número de asasinatos que alí se están cometendo”. A moción socialista será debatida e votada no pleno municipal do vindeiro luns.
Compartir:
- Compartir en Facebook (Se abre en una ventana nueva) Facebook
- Share on X (Se abre en una ventana nueva) X
- Share on LinkedIn (Se abre en una ventana nueva) LinkedIn
- Share on Telegram (Se abre en una ventana nueva) Telegram
- Share on WhatsApp (Se abre en una ventana nueva) WhatsApp
- Share on Mastodon (Se abre en una ventana nueva) Mastodon
- Share on Bluesky (Se abre en una ventana nueva) Bluesky
