InicioPolíticaCaballero cre que a marcha de Ryanair será unha oportunidade para a...

Caballero cre que a marcha de Ryanair será unha oportunidade para a chegada doutras compañías a Peinador

"Ryanair non se vai de Vigo porque o decida Ryanair". "É que non lle imos renovar o contrato de publicidade porque incumpriu o que tiña", subliñou.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, trasladou este xoves a súa confianza en que a saída de Ryanair de Peinador (que se materializará en 2026, co fin do acordo publicitario co Concello) será unha oportunidade para a chegada doutras aerolíneas á terminal olívica. Así o trasladou, nunha entrevista en TVE, na que, á pregunta de se a saída da compañía irlandesa abrirá unha xanela de oportunidades para Peinador, o alcalde respondeu cun tallante “sen ningunha dúbida”. Segundo Caballero “xa hai compañías que están a dicir que teñen interese en facer voos desde Vigo”, aínda que matizou que a formulación que se fai é o modelo de subvencións públicas mediante contratos de publicidade.

Nese sentido, incidiu en que a Xunta e a Deputación de Pontevedra deberían colaborar porque “xente que non é de Vigo” usa as conexións do aeroporto vigués. “Outras institucións teñen que cooperar igual que está a facer neste momento o Concello de Vigo. E en Santiago están a facelo, e estábano facendo. E cando o deixan de facer, as compañías vanse”, sinalou, reiterando a súa acusación á Xunta de apoiar o aeroporto de Santiago, facendo “competencia desleal” a Vigo. En todo caso, sobre a saída de Ryanair, o alcalde insistiu en que “Ryanair non se vai de Vigo porque o decida Ryanair”. “É que non lle imos renovar o contrato de publicidade porque incumpriu o que tiña”, subliñou, e asegurou que a marcha da aerolínea “non preocupa de ningún modo” porque só opera dous voos á semana en tempada baixa.

ÚLTIMAS

Caballero reta a Nova York: “En Times Square teñen que aprender do Nadal de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, volveu despregar na nova edición da Feira Internacional...

(Vídeo) O día que ‘Stranger Things’ abriu un burato en Vigo… que non se pecha

En Vigo pasan cousas raras no Nadal, todo o mundo o sabe. Non raras...

A Fiscalía solicita 3 anos e medio de cárcere para a dona dunha empresa de carpintaría por empregar persoal sen dar de alta na...

A dona dunha empresa de carpintaría enfróntase a unha petición de 3 anos e...

A Fiscalía solicita seis anos de cárcere por unha estafa con falsos alugueres en Vigo

A Fiscalía pediu seis anos de prisión para un home acusado dun delito continuado...