InicioPolíticaO BNG volve pedir a retirada do busto de Juan Carlos I...

O BNG volve pedir a retirada do busto de Juan Carlos I da entrada do Concello de Vigo

Abel Caballero negouse a facer en Vigo o que si fixo a Deputación presidida por Carmela Silva, retirando o busto do Pazo provincial.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O BNG de Vigo volveu a reclamar este luns a retirada “permanente e definitiva” do busto de Juan Carlos I no acceso principal do Consistorio, aproveitando que a escultura foi retirada para realización dunhas obras.

O portavoz nacionalista no Concello olívico, Xabier Pérez Igrexas, pediu que o busto non volva a ese lugar, “ante os graves delitos que envolven a figura do monarca emérito” e asegurou que “unha ampla maioría social de Vigo non comprende que clase de honra merece un monarca que defrauda ao propio sistema tributario”.

“Non é de estrañar que nunha institución arcaica, obsoleta, antidemocrática e erixida sobre o privilexio de nacemento considérense a si mesmos impunes”, sinalou o edil nacionalista, que lembrou que o seu grupo propuxo a retirada do busto e cambiar o nome de Praza do Rei, pero que PP e PSOE votaron en contra.

Abel Caballero negouse a facer en Vigo o que si fixo a Deputación presidida por Carmela Silva, retirando o busto do Pazo provincial, e impediu que Vigo deixase de renderlle homenaxe no seu rueiro ao monarca fuxido, como fixo a cidade de Pontevedra”, subliñou.

ÚLTIMAS

Retroceder as praias ou recuar a Administración

O que está a acontecer este inverno na costa da ría de Vigo non...

GKN Driveline Vigo rebaixa a 50 os afectados polo ERE, pero a CIG convoca unha folga de sete días

A auxiliar de automoción GKN Driveline Vigo reduciu de 75 a 50 o número...

Sanidade inspecciona o servizo de Dermatoloxía de Povisa tras as denuncias por falta de especialistas

A Consellería de Sanidade realizou unha visita de inspección ao servizo de Dermatoloxía do...

O PP de Vigo esixe a dimisión de Patricia Rodríguez polo “caos” na Policía Local e a frota coa ITV caducada

A presidenta do PP de Vigo, Luisa Sánchez, denunciou o "desgoberno" e o "caos...