InicioVigo e contornaVigoO Concello de Vigo critica a perda dun xulgado de Instrución: "Coloca...

O Concello de Vigo critica a perda dun xulgado de Instrución: “Coloca á cidade nunha situación límite”

O goberno local compartiu a necesidade deste novo xulgado de Violencia sobre a Muller, pero considerou "desafortunado e erróneo" que este supoña a perda dun de instrución

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Concello de Vigo criticou este mércores a decisión do Consello de Ministros de transformar un xulgado de instrución da cidade nun xulgado de Violencia sobre a Muller, ao considerar que coloca á urbe “nunha situación límite”.

Nun comunicado, o goberno local compartiu a necesidade deste novo xulgado de Violencia sobre a Muller, pero considerou “desafortunado e erróneo” que este supoña a perda dun de instrución.

“Esta decisión coloca a Vigo nunha situación límite, coa certeza de que nun tempo breve superará o nivel esixido”, lamentou o Concello, apuntando que a decisión “non é acertada e non pode ser compartida”.

“En Vigo tense que crear un novo xulgado de Violencia sobre a Muller mantendo o oito xulgados de instrución actuais”, sentenciou.

ÚLTIMAS

Retroceder as praias ou recuar a Administración

O que está a acontecer este inverno na costa da ría de Vigo non...

GKN Driveline Vigo rebaixa a 50 os afectados polo ERE, pero a CIG convoca unha folga de sete días

A auxiliar de automoción GKN Driveline Vigo reduciu de 75 a 50 o número...

Sanidade inspecciona o servizo de Dermatoloxía de Povisa tras as denuncias por falta de especialistas

A Consellería de Sanidade realizou unha visita de inspección ao servizo de Dermatoloxía do...

O PP de Vigo esixe a dimisión de Patricia Rodríguez polo “caos” na Policía Local e a frota coa ITV caducada

A presidenta do PP de Vigo, Luisa Sánchez, denunciou o "desgoberno" e o "caos...