InicioPolíticaO financiamento de 'Peiraos do Solpor' enfronta a Caballero e Autoridade Portuaria,...

O financiamento de ‘Peiraos do Solpor’ enfronta a Caballero e Autoridade Portuaria, que se piden mutuamente “lealdade institucional”

O rexedor e o subdelegado do Goberno reivindican que o Executivo central paga a totalidade e o Porto matiza: son fondos UE e propios.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, arremeteu novamente este xoves contra o Porto olívico, ao que acusou de tratar de ocultar que a obra do proxecto ‘Peiraos do Solpor’ no peirao de Bouzas, está financiada “na súa totalidade” polo Goberno de España, con fondos da UE “que conseguiu” Pedro Sánchez, unhas manifestacións que causaron “sorpresa” no organismo portuario, que saíu ao paso matizando que, efectivamente, parte do financiamento procede de fondos da UE, a través de Portos do Estado, pero que o propio porto inviste na actuación 1,5 millóns de euros.

O rexedor olívico convocou aos medios este xoves en Bouzas, nunha visita na que estivo acompañado polo subdelegado do Goberno en Pontevedra, Abel Losada, e na que Caballero volveu a agradecer e a reivindicar o apoio do Executivo de Sánchez a Vigo. “A cidade de Vigo está a recibir unha enorme cantidade de fondos europeos a través do Goberno de España. Practicamente nin un céntimo a través da Xunta de Galicia, que non se onde dedica os recursos, pero a Vigo non”, denunciou.

Segundo asegurou, no caso de ‘Peiraos do Solpor’ en Bouzas, o financiamento procede integramente do Goberno de España e, aínda que neste caso, os carteis colocados na obra son “legais” e recollen os logos da administración central e do propio Porto, “hai outros pola cidade donde pon un inmenso ‘Xunta de Galicia’ desde o Porto” (en alusión ao paseo ciclopeatonal na fachada portuaria).

Ademais, o alcalde engadiu que el mesmo estivo presente e actuou para lograr o financiamento para ‘Peiraos do Solpor’, “e o Porto non o recoñeceu nunca”. “Coa boca pequena, e tentan que pareza que é o Porto de Vigo o que o paga”, denunciou. Hai uns días, o rexedor tamén visitou outra obra, a reforma da Avenida de Galicia, para denunciar que dous terzos do investimento proceden do Goberno central e do Concello e que, con todo, a Xunta trata de ocultalo ao pór só valos co seu logo.

“SORPRESA” DO PORTO

Ante estas manifestacións, a Autoridade Portuaria emitiu un comunicado no que mostra a súa “sorpresa” pola visita de Caballero e Losada ás obras, “promovidas e executadas” polo Porto, e sinalou que dita visita realizouse a pesar de que o subdelegado foi informado de que nin o máximo responsable do Porto, Carlos Botana, nin o director da terminal, poderían estar nela por estar fóra da cidade. O propio Botana advertiu de que “non pode reclamar lealdade institucional quen é o primeiro en romper as regras do xogo”, porque “o único que sae prexudicado ao tentar enfrontar ás institucións é o cidadán de Vigo e, por tanto, a cidade de Vigo”, polo que demandou “respecto institucional, cooperación e coordinación entre administracións”.

Con respecto á obra, para a que o Porto conta coa colaboración do CEMMA e da UVigo, o orzamento total é de 5,4 millóns de euros, dos que 3,8 millóns proceden de fondos Next Generation UE, do Mecanismo de Recuperación e Resiliencia, e outros 1,5 millóns son achegados polo organismo portuario vigués, tal e como se recolle no seu Plan de Investimentos.

ÚLTIMAS

Carla Simón desenterra en Cannes os recordos dunha xeración “perdida” pola sida co filme ‘Romería’, rodada en Vigo

A cineasta Carla Simón desenterrou no Festival de Cannes os recordos da xeración dos...

O Celta-Xetafe desta fin de semana, de alto risco

A Comisión Permanente da Comisión Estatal contra a Violencia, o Racismo, a Xenofobia e...

Caballero reclama á Deputación de Pontevedra 6,25 millóns en investimentos

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, insistiu en reclamar á Deputación de Pontevedra investimentos...

Ordenan prisión para o home que quixo queimar a casa da súa exmuller en Tomiño coa súa filla dentro

O xulgado de instrución número 1 de Tui acordou o ingreso en prisión provisional,...