InicioPolíticaO BNG levará unha moción ao Pleno de Vigo para pedir a...

O BNG levará unha moción ao Pleno de Vigo para pedir a condena das “accións genocidas” de Israel en Gaza

PUBLICADO O

- Advertisement -

O grupo municipal do BNG no Concello de Vigo levará unha moción para o seu debate no próximo pleno, para pedir a condena das “accións genocidas” do Estado de Israel na franxa de Gaza e trasladar o “clamor” da cidadanía viguesa en contra da ofensiva militar israelí. Na súa moción, os nacionalistas pedirán ao Pleno que condende “sen ambaxes” o “xenocidio” que está a perpetrar Israel, e que declare ao seu presidente, Benjamin Netanyahu “persoa non grata”.

Así mesmo, propón instar o Goberno español a facer efectivo o embargo total de armas, acordado no Congreso, e unha ruptura de relacións comerciais e diplomáticas con Israel. Tamén pide apoio para as accións da Corte Penal Internacional por crimes de guerra e de lesa humanidade, e promover accións a nivel europeo e internacional para pór fin á ofensiva e ocupación en Gaza.

Por outra banda, demanda aos gobernos autonómico e municipal “que suspendan toda cooperación con Israel, directa ou indirecta”, e calquera contrato público con empresas ligadas á industria militar israelí. Igualmente, o BNG pide o envío de axuda humanitaria por parte de ambas as administracións e accións de condena a través de Acción Exterior da Xunta.

ÚLTIMAS

Retroceder as praias ou recuar a Administración

O que está a acontecer este inverno na costa da ría de Vigo non...

GKN Driveline Vigo rebaixa a 50 os afectados polo ERE, pero a CIG convoca unha folga de sete días

A auxiliar de automoción GKN Driveline Vigo reduciu de 75 a 50 o número...

Sanidade inspecciona o servizo de Dermatoloxía de Povisa tras as denuncias por falta de especialistas

A Consellería de Sanidade realizou unha visita de inspección ao servizo de Dermatoloxía do...

O PP de Vigo esixe a dimisión de Patricia Rodríguez polo “caos” na Policía Local e a frota coa ITV caducada

A presidenta do PP de Vigo, Luisa Sánchez, denunciou o "desgoberno" e o "caos...