InicioPolíticaCaballero volve acusar á Xunta de non querer investir na cidade, sen...

Caballero volve acusar á Xunta de non querer investir na cidade, sen acordos para o Ifevi nin a ETEA: “Non quere pagar”

"Eses son os acordos que quere a Xunta, que paguen os demais", proclamou o alcalde, que reiterou que o goberno galego ten "paralizados" proxectos en Vigo "para non pagar".

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, volveu a arremeter este luns contra a Xunta, á que acusa de non querer investir na cidade, e negou que haxa ningún acordo entre a Zona Franca e o goberno galego, nin para o Ifevi nin para o desenvolvemento da ETEA, porque a Xunta “non quere pagar”.

En declaracións remitidas aos medios, o rexedor olívico insistiu en que “non hai acordo” para a ampliación do Ifevi porque a Xunta quere que o organismo estatal, que Caballero preside como alcalde de Vigo, dedique ao recinto feiral 17 millóns de euros. “E alí arriba todos lemos que nos carteis pon Xunta de Galicia”, apostilou Caballero.

Con respecto á ETEA, o alcalde asegurou que “pasa o mesmo”. A pesar do acordo alcanzado tras a reunión do verán pasado con Rueda, mediante o que se anunciou que Zona Franca construiría un aparcamento e a Xunta acometería a urbanización de viais (para dar servizo á futura residencia de maiores financiada pola Fundación Amancio Ortega e ao campus do Mar) e a reforma da praza de Armas, Abel Caballero asegurou que a Xunta “quere que paguen Zona Franca e o CSIC”.

“Eses son os acordos que quere a Xunta, que paguen os demais”, proclamou o alcalde, que reiterou que o goberno galego ten “paralizados” proxectos en Vigo “para non pagar”. Respecto diso, puxo como exemplos o túnel de Elduayen ou o túnel de Beiramar. Caballero tamén acusou á administración autonómica de poñer trabas noutros proxectos e iniciativas da Xunta, como a reforma da Avenida de Cesáreo Vázquez ou a reforma de Poboadores.

Con respecto á vivenda, acusou ao goberno galego de abandonar ” as súas obrigacións” e de non construír máis de 65 vivendas públicas en Vigo nos últimos 16 anos. “Débenlle a Vigo máis de 4.000 vivendas”, proclamou o rexedor, que tamén afeou á administración autonómica que ten catro viarios en Navia (Lamelas, Pedra Seixa, Poza do Cabalo e Limpiño) “absolutamente esnaquizas e en pésimas condicións”.

“NON SE PODE ENGANAR A TODO O MUNDO TODO O TEMPO”
A delegada da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, respondeu ás críticas de Abel Caballero lamentado que “unha de dúas, ou mente ou a memoria lle falla”. En declaracións enviadas aos medios, Ortiz afirmou que é “inaudito” que o alcalde culpe á Xunta “das súas propias tácticas de bloqueo” para impedir ao goberno galego avanzar “en proxectos xa falados e pactados”.

Respecto diso, lembrou que o acordo sobre o Ifevi “depende del”, e que, na ETEA, a Xunta ten financiamento comprometido “desde hai bastante tempo”. Sobre o túnel de Elduayen, recalcou que é o Concello o que carece de proxecto, e tamén subliñou que o goberno municipal “non construíu nin unha vivenda” en 18 anos. “O único impedimento é vostede. Lembre que se pode enganar a moita xente durante moito tempo, pero non a todo o mundo, todo o tempo”, resolveu a delegada da Xunta.

ÚLTIMAS

O BNG volve pedir que se aproveite o fin da concesión de bus urbano da cidade olívica para remunicipalizar o servizo

O BNG de Vigo volveu a pedir este martes que se remunicipalice o servizo...

O ecoloxistas denuncian como “pelotazo urbanístico” as obras do Celta en Mos dentro de terreos forestais

Ecoloxistas en Acción insistiu este martes en que a Factoría do Deporte Galego-Galicia Sports...

Unha empresa de Vigo obrigada a readmitir a unha traballadora por discriminala por discapacidade

A Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) declarou nula...