InicioPolíticaCaballero sitúa a aprobación do novo PXOM "antes de Semana Santa"

Caballero sitúa a aprobación do novo PXOM “antes de Semana Santa”

Destacou a "enorme fortaleza xurídica" do documento urbanístico.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este venres que o novo Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) da cidade será aprobado definitivamente “con toda probabilidade” antes de Semana Santa, e destacou a “enorme fortaleza xurídica” do documento urbanístico. En declaracións remitidas aos medios tras unha reunión co equipo redactor do PXOM, o rexedor lembrou que o Plan ten “todos os informes favorables” e, por tanto, está dotado dunha “enorme fortaleza xurídica”.

Caballero lembrou que o documento contempla a construción de 51.467 vivendas, das que 14.500 terán “algún tipo de protección”, algo máis dun 28 %, e subliñou que, na cidade, hai unha alta demanda de vivenda protexida, o que vinculou a que “a Xunta non exerce o seu papel”. “E este PXOM dálle resposta (a esa demanda)”, proclamou, e engadiu que o novo plan permitirá reducir o prezo da vivenda. Igualmente, destacou que o novo PXOM multiplicará máis que por dous tanto as zonas verdes como os espazos dotacionais, e permitirá un impulso e un desenvolvemento da cidade, que fará que as persoas que tiveron que irse de Vigo por razóns económicas “poderán volver”.

Levamos esperando polo PXOM desde 1993 (…) e este é o momento. Garantimos a súa aprobación, o PP e o BNG verán que fan co seu voto, pero ten 19 votos garantidos (os do PSOE) e sae cunha enorme forza”, incidiu. Despois do plan de 1993, que é o que actualmente está en vigor, o Concello de Vigo aprobou outro PXOM, en 2008, un plan herdado do goberno local anterior do PP e modificado polo goberno de Abel Caballero para aumentar a vivenda protexida, pero que foi anulado en 2015 polo Tribunal Supremo.

ÚLTIMAS

Médicos de Atención Primaria maniféstanse en Vigo contra a sobrecarga laboral

Decenas de médicos de Atención Primaria de toda Galicia concentráronse este martes pola tarde...

O BNG de Vigo demanda un cambio radical ante a crise industrial e a emerxencia laboral na cidade

O BNG de Vigo reclamou á Xunta de Galicia e ao Concello un cambio...

Vigo volve mirar ao Mundial: Caballero anuncia novos pasos para ampliar Balaídos ata 43.000 espectadores

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, asegurou este martes que “xa se están dando...

Xuízo pola morte dun operario en Cardama: o condutor do camión asegura que non viu o cable que provocou a caída da peza

O condutor do camión do que caeu unha enorme peza que causou a morte...