InicioPolíticaCaballero rexeita a convocatoria de Sanmartín sobre a AP-9: "Algúns chegan tarde"

Caballero rexeita a convocatoria de Sanmartín sobre a AP-9: “Algúns chegan tarde”

"Ao alcalde de Vigo non o convoca ninguén. Non acepto convocatorias unilaterais de ninguén", proclamou Abel Caballero, en resposta sobre esa cita anunciada por Goretti Sanmartín, para o próximo 7 de marzo

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, rexeitou este xoves a convocatoria feita pola rexedora de Santiago, Goretti Sanmartín, que quere reunir aos representantes municipais de concellos vinculados coa AP-9 para adoptar unha posición conxunta sobre a gratuidade da autoestrada.

“Ao alcalde de Vigo non o convoca ninguén. Non acepto convocatorias unilaterais de ninguén”, proclamou, en resposta a Europa Press sobre esa cita anunciada por Goretti Sanmartín, para o próximo 7 de marzo.

Segundo lembrou, a posición do goberno de Vigo “é clara” na defensa da gratuidade da AP-9 na súa totalidade, aínda que dando “prioridade” ao tramo entre Vigo e Pontevedra, por tratarse dunha única conurbación urbana. “A gratuidade da autoestrada eu pedina hai tempo. A posición de Vigo é clara, se a de Santiago non é clara, que a faga clara”, proclamou.

O rexedor olívico insistiu en que non acepta unha convocatoria deste tipo e manifestou que “algúns chegan tarde” á reclamación da gratuidade. “Se alguén chega tarde, ten un problema”, sentenciou, antes de insistir: “Que é iso de convocar ao alcalde de Vigo? Era o que nos faltaba”.

ÚLTIMAS

Médicos de Atención Primaria maniféstanse en Vigo contra a sobrecarga laboral

Decenas de médicos de Atención Primaria de toda Galicia concentráronse este martes pola tarde...

O BNG de Vigo demanda un cambio radical ante a crise industrial e a emerxencia laboral na cidade

O BNG de Vigo reclamou á Xunta de Galicia e ao Concello un cambio...

Vigo volve mirar ao Mundial: Caballero anuncia novos pasos para ampliar Balaídos ata 43.000 espectadores

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, asegurou este martes que “xa se están dando...

Xuízo pola morte dun operario en Cardama: o condutor do camión asegura que non viu o cable que provocou a caída da peza

O condutor do camión do que caeu unha enorme peza que causou a morte...