InicioPolíticaO PP vigués aposta pola integración e mantén a moitos cargos da...

O PP vigués aposta pola integración e mantén a moitos cargos da época de Fernández-Tapias

Sánchez manterá a Alberto Fontes como secretario xeral do PP de Vigo e axunta experiencia e caras novas na súa lista.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A (única) candidata a presidir o PP de Vigo, Luisa Sánchez, apostou pola integración e axunta experiencia e caras novas na lista coa que se presenta ao XIV Congreso Local do Partido. A candidata presentou este mércores ás 20 persoas que propón como vogais para o Comité Executivo.

Así, entre os propostos está Alberto Fontes que, segundo confirmou a propia Luisa Sánchez, volverá ser secretario xeral do PP vigués, unha persoa que, segundo incidiu a candidata, “coñece ben o partido” e é da súa “absoluta confianza”. Xunto a Fontes, forman parte dos lista perfís de coñecida traxectoria política, como María Teresa ‘Teruca’ Cendón, que foi concelleira no Concello de Vigo entre 2011 e 2015, ou Marián García Miguez, edil das filas ‘populares’ entre 2007 e 2015.

Outros nomes, que xa estiveron no Comité no anterior mandato (o que presidiu Marta Fernández-Tapias) repiten agora na candidatura de Luisa Sánchez: Javier Puente e Ana Ortiz. A lista complétase con Natalia Botana, José Luís Caramés, Mónica Domínguez, María Freire, María Luisa García, Manuel Guisado, Ángel Manuel Lorenzo, Ramón Martínez Boga, Álvaro Martínez-Herrera, Susana Muradás, Laura Roca, Borja Rodríguez, Alfredo Silva, Santiago Varela e Rafael Villanueva.

“Hai persoas con moita traxectoria dentro do partido, con moitísima experiencia política, e tamén novos, perfís técnicos (…) son xente con moitísimas ganas e tempo para dedicar á cidade e traballar pola cidade”, destacou Luisa Sánchez.

ÚLTIMAS

Sanidade licita por 284.000 euros reactivos clave para transplantes no Hospital Meixoeiro

A Xunta de Galicia, a través do Servizo Galego de Saúde (Sergas), publicou no...

O PP de Vigo esixe a auditoría das contas de Bembrive mentres o Goberno local cualifica as acusacións de “falsas”

A presidenta do PP de Vigo, Luisa Sánchez, esixiu ao rexedor, Abel Caballero, que...

Zona Franca renovará o seu apoio ao proxecto BIXO da UVigo SpaceLab para o lanzamento dun novo satélite

Zona Franca renovará o seu apoio ao proxecto BIXO da UVigo SpaceLab, que pretende...

Catro tartarugas mariñas, rescatadas e trasladadas á UCI de Nigrán tras aparecer debilitadas no litoral galego

Catro tartarugas mariñas foron trasladadas á UCI das instalacións da Coordinadora para o Estudo...