InicioPolíticaValidada a candidatura de Luisa Sánchez á presidencia do PP de Vigo

Validada a candidatura de Luisa Sánchez á presidencia do PP de Vigo

É a única candidata a tomar as rendas do partido na cidade.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Comité Organizador do Congreso local do PP de Vigo (que se celebrará o 22 de febreiro) proclamou formalmente como válida a candidatura de Luisa Sánchez para presidir o partido, tras revisar a documentación achegada nas últimas horas pola aspirante. Sánchez presentou este martes na sede viguesa os avais para concorrer ao congreso local e, tras o peche do prazo, confirmouse que a súa é a única candidatura. Este mércores, o Comité Organizador revisou a documentación e concluíu que “reúne os requisitos previstos sobre antigüidade de militancia, pago de cotas e demais obrigacións estaturias”, e que presentou “os avais requiridos” (eran un mínimo de 50).

Desde este mércores, por tanto, a concelleira e vicepresidenta da Deputación de Pontevedra é oficialmente a única aspirante a tomar as rendas do PP de Vigo e poderá comezar a súa campaña electoral interna para presentar o seu proxecto á militancia, ata o próximo 15 de febreiro. Por outra banda, con data límite do 17 de febreiro, deberá presentar ao resto de membros da súa candidatura (ata un máximo de 20 vogais), que tamén terán que ser validados e proclamados polo comité organizador.

ÚLTIMAS

Un falecido e tres feridos nun choque frontal en Redondela: un dos ocupantes quedou atrapado no vehículo

Unha persoa faleceu e outras tres resultaron feridas nunha colisión entre dous vehículos este...

Centos de médicos reclaman en Vigo un estatuto propio: “Non queremos atendervos mal nin con pouco tempo”

Centenares de médicos saíron á rúa este xoves en Vigo para pedir un estatuto...

Ultimato de Caballero á Deputación para a firma do convenio para a piscina de Teis: “Xa non fago paripés”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, expuxo este xoves un ultimato á Deputación de...

‘Gargallada Científica’, científicos da UVigo con alma de divulgadores e corazón de contacontos

Empregar o humor sen renunciar ao rigor, e facelo en galego. Esta é a...