InicioPolíticaCaballero 'saca peito' do impacto do Nadal: "Dous días do Nadal de...

Caballero ‘saca peito’ do impacto do Nadal: “Dous días do Nadal de Vigo equivalen a todo o Xacobeo”

O alcalde de Vigo denunciou que a Xunta "subvenciona moitísimos voos en Santiago con diñeiro de Vigo" e "ocúltao", facéndoo "a través de Turgalicia".

PUBLICADO O

- Advertisement -

alcalde de Vigo, Abel Caballero, puxo en valor as cifras de ocupación de establecementos turísticos e dos voos do aeroporto de Peinador, impulsadas pola campaña do Nadal e proclamou que “dous días do Nadal de Vigo equivalen a todo o Xacobeo”. En declaracións remitidas este mércores aos medios, o rexedor olívico puxo en valor as “cifras marca” de Vigo “en todos os ámbitos de análises”. Así, destacou o nivel de ocupación dos voos, do 82,4 %, no mes de decembro na terminal viguesa, e destacou que, salvo a conexión con Londres, todos os voos funcionan “a mercado”.

Por contra, insistiu, a Xunta “subvenciona moitísimos voos en Santiago con diñeiro de Vigo” e “ocúltao”, facéndoo “a través de Turgalicia”. “Hai unha opacidade total, para que non se saiba que están a subvencionar o aeroporto de Santiago en contra do aeroporto de Vigo”, volveu denunciar. A pesar diso, incidiu Caballero, a cidade olívica abriuse paso como foco de atracción e converteuse no “proxecto turístico emerxente máis importante de toda Europa”. “Isto é o que hai, dous días do Nadal de Vigo equivalen a todo o Xacobeo, ao que a Xunta dedica máis de 200 millóns de euros”, subliñou. Igualmente, remarcou que o Goberno galego “non lle dedica nin un céntimo ao Nadal de Vigo” porque “é o antiVigo do PP (…), sempre á contra da cidade”.

ÚLTIMAS

Absolto o acusado de violar a unha moza durmida pola falta de consistencia da versión da denunciante

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, ditou sentenza na que...

Condenan a 2 anos de cárcere a unha americana que estafou máis de 158.000 dólares a unha firma viguesa de produtos do mar

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, acolleu este...

A xuíza acorda o arquivo da causa contra o detido na rúa Mestre Montes por agredir supostamente á súa nai cun garfio

A xuíza de instrución 2 de Vigo acordou o sobresemento e arquivo das actuacións...

Detidos dous homes na rúa Cánovas del Castillo por supostos roubos con forza no interior de 15 coches estacionados

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Vigo detiveron a dous homes como presuntos autores de...