InicioPolíticaO BNG critica o "oscurantismo" na tramitación do PXOM de Vigo

O BNG critica o “oscurantismo” na tramitación do PXOM de Vigo

PUBLICADO O

- Advertisement -

O grupo municipal do BNG de Vigo volveu a denunciar este martes a “total opacidade” coa que se está tramitando o novo Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) da cidade, tras negarse o goberno municipal a que compareza o equipo redactor para informar as modificacións aplicadas sobre o documento aprobado inicialmente hai un ano.

En declaracións remitidas aos medios, o portavoz do grupo nacionalista, Xabier Pérez Igrexas, criticou que este martes, na reunión do Consello da Xerencia de Urbanismo, a concelleira da área, María José Caride, “volveu negarse” a que comparecesen os redactores da PXOM para dar conta do estado de tramitación do documento (cuxa aprobación inicial se produciu nun pleno en decembro de 2023, cos votos favorables do PSOE, a abstención do PP e o voto contrario do BNG) e para informar das eventuais modificacións que se incluíron, tras a presentación de “miles de alegacións veciñais”.

O edil do BNG lembrou que hai centos de veciños vivindo con “incerteza” esta tramitación, especialmente aqueles afectados por proxectos como a PO-010 ou a nova A-55, que van a “tronzar” algunhas parroquias da cidade.

Pérez Igrexas lamentou que os membros do Consello da Xerencia de Urbanismo reciben máis información dos medios que dos responsables políticos municipais, e afeou a Caride que poña como “escusa” para rexeitar dar explicacións o feito de que quedan informes sectoriais pendentes. Esa circunstancia, engadiu o concelleiro, “non xustifica en ningún caso a falta de transparencia, de información e de explicacións”.

Finalmente, o representante do BNG preguntouse “que están a tramar ás agachadas na novo PXOM” os responsables do goberno local, e cuestionou “por que non queren que se coñeza en que punto está o novo Plan”, antes de insistir en que este novo plan urbanístico “bateu todas as marcas de opacidade”. “Todo é escuridade para facilitar os poderosos intereses dos de sempre”, concluíu Pérez Igrexas.

ÚLTIMAS

A xuíza acorda o arquivo da causa contra o detido na rúa Mestre Montes por agredir supostamente á súa nai cun garfio

A xuíza de instrución 2 de Vigo acordou o sobresemento e arquivo das actuacións...

Detidos dous homes na rúa Cánovas del Castillo por supostos roubos con forza no interior de 15 coches estacionados

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Vigo detiveron a dous homes como presuntos autores de...

Detido na rúa Uruguai tras lesionar a unha viandante, á que golpeou cunha lata de cervexa, causándolle un corte na tempa

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home de 45 anos de idade, J.K.V.,...

O goberno de Vigo rexeita debater unha moción urxente sobre as festas

O grupo municipal do PSOE de Vigo rexeitou este luns debater unha moción de...