InicioPolíticaAprobada unha modificación de crédito de 32 millóns para compensar a Vitrasa

Aprobada unha modificación de crédito de 32 millóns para compensar a Vitrasa

Foi aprobado cos votos a favor do PP, a abstención do PP e os votos en contra do BNG.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O pleno do Concello de Vigo aprobou este martes, nunha sesión extraordinaria e cun único punto na orde do día, unha modificación orzamentaria de 32 millóns de euros de remanentes que se destinarán ao pago dunha compensación a Vitrasa polas perdas derivadas da pandemia de Covid, certificacións e revisións de prezos de obras, novas actuacións e cumprimento de varias resolucións xudiciais.

Tras ser aprobada de forma inicial o pasado mes de agosto e despois de recibir alegacións, esta mañá o pleno olívico deu luz verde a esta iniciativa cos votos a favor do PSOE, a abstención do PP e a negativa do BNG.

O concelleiro de Facenda, Jaime Aneiros, lamentou que esta modificación de crédito xa podería estar aprobada se non fose polas alegacións presentadas “por unha asociación”, afeando non saber se esta organización pretende formar parte do “bloque do bloqueo, interrompendo a acción municipal”. Referiuse as obras que se terminarán grazas a estes novos millóns que se incorporan ao orzamento municipal.

A pesar de todo, un terzo do diñeiro destinarase a abonar a Vitrasa (concesionaria do bus urbano) a compensación polas perdas derivadas da pandemia, un total de 12,1 millóns de euros. Tras el, tomou a palabra o portavoz nacionalista, Xabier Pérez Igrexas, que comezou a súa intervención celebrando que o alcalde, Abel Caballero, estivese no salón de plenos. “Felicitámonos de que esta sesión extraordinaria do pleno non coincida con ningún evento da apertadísima axenda mediática do alcalde tertuliano e isto permítanos gozar da presenza do alcalde no salón de plenos. Esa presenza tan escasa, tan infrecuente”, ironizou.

Tras isto, lamentou que o goberno local “xa non disimule o seu talante autoritario”, en referencia ás palabras de Aneiros “descualificando as alegacións dun colectivo veciñal da cidade na tramitación do período de exposición pública dun acordo do pleno”.

Desde o PP, Patricia García lamentou que esta ampliación orzamentaria “non se pode executar” a estas alturas do ano. “Vostedes sábeno”, subliñou. “Moito anuncio; moito ruído e poucas noces, e debaixo do rasca e gana, moito fume”, engadiu. “A súa incapacidade para levar a cabo proxectos ou utilizar fondos que foran aprobados no seu orzamento anual son ese síntoma na falta de xestión deste Concello”, lamentou.

ÚLTIMAS

Air Europa cancela os seus voos entre Vigo e Madrid pola borrasca

09/10/2024    10:40H A conpañía aérea anunciou na súa páxina web que quedan cancelados os voos...

As solucións de Caballero para evitar que a AP-9 parta Teis pola metade

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este martes o inicio dos "traballos a fondo"...

O 112 mobiliza bombeiros de Bueu para apagar dous coches ardendo en Nigrán, a 50 Km

Esta mañá, ao redor das 10:30 horas, produciuse un incendio no aparcamento do Centro...

Os encoros galegos perden catro hectómetros de capacidade nunha semana, mentres setembro rexistra choivas por encima da media

Os encoros de Galicia continúan mostrando niveis estables, a pesar dunha lixeira diminución na...