InicioPolíticaO pleno esixe responsabilidades políticas á Xunta polo "sobrecusto" do Álvaro Cunqueiro

O pleno esixe responsabilidades políticas á Xunta polo “sobrecusto” do Álvaro Cunqueiro

Os socialistas tamén presentaron unha iniciativa para instar á Xunta a que asuma os custos de Sogama

PUBLICADO O

- Advertisement -

O pleno de Vigo esixiu este luns responsabilidades políticas ao expresidente da Xunta e ao actual mandatario galego, Alberto Núñez Feijóo e Alfonso Rueda, respectivamente, polo “sobrecusto” do hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo.

Nunha moción presentada polo grupo municipal socialista, que saíu adiante cos votos a favor de PSOE e BNG pese ao ‘Non’ do PP, a terceira tenente de alcalde, Elena Espinosa, criticou que foron Feijóo e Rueda os que decidiron “que o investimento tiña que beneficiar máis a fondos especuladores que aos cidadáns”.

Ela pediu tamén responsabilidade aos responsables políticos da Consellería de Sanidade que participaron na decisión de optar polo modelo de licitar obra e servizos non sanitarios xuntos, o que supuxo “un sobrecusto de 470 millóns de euros”.

Na mesma liña falou o portavoz do BNG, Xabier Pérez Iglesias, que lamentou a “estafa” que supuxo, ao seu xuízo, que a Administración impuxese un hospital “privatizado” para a área de Vigo. Segundo el, con ese sobrecusto poderían comprarse multitude de máquinas ou pagado as nóminas duns 250 médicos de familia durante 20 anos.

Pola súa banda, desde o PP, Luisa Sánchez tratou de contextualizar a decisión no ano 2009, na época “da maior crise económica da democracia”. Así, defendeu que nese momento era a “única alternativa viable” para desenvolver o hospital.

SOGAMA

Entre outras mocións, os socialistas tamén presentaron unha iniciativa para instar á Xunta a que asuma os custos de Sogama, despois da subida do canon que pagan os concellos asociados.

Respecto diso, o segundo tenente de alcalde, Francisco Javier Pardo, puxo o foco no incremento de tarifas, que suporá o pago de 2,2 millóns de euros máis por parte do goberno local no últimos cinco meses deste ano, segundo os seus cálculos.

Iglesias criticou o modelo “antiecolóxico” de Sogama que, segundo el, “segue baseado na queima de residuos”, mentres que desde o PP, Fernando González Abiejón ha contextualizado a subida do canon pola retirada de distintas subvencións que o Goberno central achegaba a Sogama.

Pola súa banda, desde o PP, Luisa Sánchez tratou de contextualizar a decisión no ano 2009, na época “da maior crise económica da democracia”. Así, defendeu que nese momento era
A pesar de non acudir ao pleno o alcalde, Abel Caballero, si que optou por enviar un audio gravado aos medios de comunicación, criticando novamente ao PP de Vigo por “defender a Rueda e ás políticas da Xunta contra a cidade”, referíndose a a “terrible” subida do canon de Sogama e á licitación do Cunqueiro, entre outros temas.

ÚLTIMAS

Consternación e pesar polo falecemento dun corredor de Nigrán no Trail dos Indios en Boiro

Miguel Álvarez Quiroga, un membro destacado da comunidade do deporte de montaña en Galicia,...

Sindicato CSIF esixe revisar o caso da canguesa desaparecida no oceanofráfico ‘García del Cid’ hai un ano

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF) solicitou ao Consello Superior de Investigacións...

A Xunta creará un centro de acollida de mulleres vítimas de violencia de xénero con problemas de adicción no Porriño

O presidente do Goberno galego, Alfonso Rueda, anunciou a autorización, por parte do Consello da...

Detido tras tentar atracar unha farmacia na Avenida da Florida e mostrar unha nota manuscrita aos empregados con ameazas de morte

A Policía Local de Vigo confirmou a detención dun home de 41 anos de idade, J.R.L.G.,...