InicioPolíticaO PPdeG insiste en defender o sobrecusto do Cunqueiro: "Estamos moi...

O PPdeG insiste en defender o sobrecusto do Cunqueiro: “Estamos moi orgullosos do hospital”

PUBLICADO O

- Advertisement -

O portavoz do PPdeG no Parlamento, Alberto Pazos Couñago, defendeu que o informe do Consello de Contas sobre o contrato da construción do Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo “non fala de sobrecusto”, senón “do custo aparellado á súa construción e ao seu financiamento”.

A preguntas dos medios este venres en rolda de prensa sobre a petición da oposición de convocatoria da Deputación Permanente da Cámara galega para que o presidente da Xunta compareza para “dar explicacións” sobre o contrato do Cunqueiro, o portavoz popular quixo “aclarar” que o informe “non fala de sobrecusto, fala do custo que supuxo para a sanidade galega construír un hospital novo, que era o que necesitaba Vigo”.

Un hospital, dixo, do que están “enormemente orgullosos” e que ten “un custo aparellado á súa construción e un custo aparellado ao seu financiamento, pero non un sobrecusto”, insistiu. “O que se establece nese informe é unha comparación entre dúas posibles fórmulas para financiar un hospital e deixa claro que a fórmula de financiamento directo con cargo a diñeiro público non era posible naquel momento sen que se producisen graves recortes que tanto critica habitualmente a oposición. Deberían porse de acordo en se pretenden unha cousa ou a contraria, pero sorber e soprar ao mesmo tempo, unha especialidade da esquerda galega, é algo que os galegos non conseguen entender”, reprochou.

ÚLTIMAS

Centos de médicos reclaman en Vigo un estatuto propio: “Non queremos atendervos mal nin con pouco tempo”

Centenares de médicos saíron á rúa este xoves en Vigo para pedir un estatuto...

Ultimato de Caballero á Deputación para a firma do convenio para a piscina de Teis: “Xa non fago paripés”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, expuxo este xoves un ultimato á Deputación de...

‘Gargallada Científica’, científicos da UVigo con alma de divulgadores e corazón de contacontos

Empregar o humor sen renunciar ao rigor, e facelo en galego. Esta é a...

Pontón esixe á Xunta mercar Povisa: “Na sanidade privada non ven pacientes, ven clientes”

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, urxiu unha vez máis a compra do...