InicioPolíticaO BNG de Vigo denuncia pintadas fascistas no monte de O Castro

O BNG de Vigo denuncia pintadas fascistas no monte de O Castro

Xabier Pérez Igrexas pediu ao Concello que proceda á súa limpeza

PUBLICADO O

- Advertisement -

O portavoz do BNG de Vigo, Xabier Pérez Igrexas, denunciou a aparición de pintadas fascistas e de exaltación do nazismo no Lugar da Memoria do Monte de O Castro da cidade, polo que pediu ao Concello que proceda á súa limpeza.

Con frases como ‘Vermellos non’ e símbolos nazis, o vandalismo cubriu distintos elementos de O Castro, onde o réxime franquista fusilou a 136 persoas, segundo lembra Pérez Igrexas. O nacionalista lamentou o “preocupante avance do discurso de odio” e pediu ao alcalde, Abel Caballero, a retirada “de inmediato” destas pintadas.

Tamén solicitou ao rexedor que elimine todos os símbolos fascistas e franquistas que continúan presentes en distintos puntos de Vigo, empezando pola Cruz dos Caídos tamén en O Castro.

ÚLTIMAS

O xurado considera culpable de asasinato ao autor do crime de Coia pero ve atenuantes e as acusacións rebaixan penas

O tribunal de xurado encargado de axuizar o chamado crime de Coia, en Vigo,...

O TSXG esíxelle ao Concello de Vigo que o Nadal non perturbe a tranquilidade dunha veciña

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) ordenou a continuación da execución da...

Vigo creará un Observatorio da Vivenda coa UVigo e unha empresa pública para crealas

O Concello de Vigo aprobará a próxima semana un convenio con Universidade olívica para...

A Xunta mobiliza buques, drones e empresas de limpeza tras unha gran mancha de graxa de palma no Porto de Vigo

A Xunta de Galicia activou á primeira hora da tarde o Plan Territorial de...