InicioPolíticaConcello de Vigo e BNG cualifican de "estafa" a Vigo a compra...

Concello de Vigo e BNG cualifican de “estafa” a Vigo a compra do teatro Fraga

Aprobada unha moción no concello na que piden o banco a cesión gratuíta do inmoble á cidade.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Unha hora despois de que Xunta, Abanca e Deputación de Pontevedra mercaran o histórico Teatro Fraga, o Concello de Vigo celebrou un pleno municipal extraordinario co obxectivo de solicitar a Abanca que cedese ao Concello o Cinema Fraga, tras semanas de críticas por parte do goberno local á compra do inmoble.

O encargado de defender a moción socialista foi Carlos López Font, quen ve “lamentable” que Abanca prestouse ” á firma desta venda” e dixo que o banco “está en débeda coa cidade e débelle o Teatro Fraga a Vigo”, solicitando unha vez máis esta cesión gratuíta.López Font chamou “traidores” aos concelleiros do PP de Vigo, asegurando que a cidade “ten a lexitimidade de pedir esta doazón”.

O portavoz municipal do BNG, Xabier Pérez Igrexas, tachou de “estafa” esta compra, pero criticou a moción presentada polos socialistas, xa que inclúe na cuestión de forma “inexplicable” á Zona Franca e ao Ministerio de Cultura, por un carácter “partidista”, xa que ambos os organismos están liderados polo PSOE.

Para o ‘popular’ Miguel Martín, este venres é un “día histórico”, porque Vigo recupera o inmoble tras 20 anos pechado “para polo a disposición de todos os vigueses e do seu tecido cultural”. “O PSOE prefire que o Fraga siga pechado se o alcalde, Abel Caballero, non é o protagonista”, engadiu, tachando de “rabecha” este pleno.

Finalmente, tras non aceptarse a emenda dos nacionalistas, a moción saíu adiante cos votos a favor do PSOE, a abstención do BNG e o ‘non’ do PP.

ÚLTIMAS

O BNG e o Concello de Vigo cruzan críticas pola “inacción” ante o prezo da vivenda

O grupo municipal do BNG criticou este luns a "inacción" da Xunta e do...

Caballero presume dun 90 % de ocupación en Vigo polo Nadal e carga contra os “antiVigo”: “Desgústalles que nos vaia ben”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cifrou no 90 % o nivel de ocupación...

Un home enfróntase a sete anos de prisión acusado de vender droga no bar que rexentaba en Baiona

Un home sentará este martes no banco dos acusados na sección quinta da Audiencia...

Luz Casal actuará en Vigo no Teatro Afundación en febreiro de 2026 dentro da súa nova xira

A cantante Luz Casal ofrecerá un concerto no Teatro Afundación de Vigo o vindeiro...