InicioPolíticaO PP critica o "atraso" na convocatoria de bolsas de comedor pola...

O PP critica o “atraso” na convocatoria de bolsas de comedor pola “ineficacia” do goberno de Caballero

PUBLICADO O

- Advertisement -

O grupo municipal do PP en Vigo criticou este luns, nun comunicado, o atraso na convocatoria de bolsas de comedor pola “ineficacia” do goberno de Abel Caballero, e sinalou que a demora mantén bloqueada a apertura do prazo de solicitudes, que o ano pasado comezou a principios de xuño.

O portavoz do grupo, Miguel Martín, lamentou que esta convocatoria acumule “aínda máis atraso” que en cursos pasados e lembrou que estas axudas son “fundamentais para moitas familias”.

Unha situación que desde o Partido Popular cualificamos de inaceptable porque, a pesar de ser plenamente consciente da situación, por reiterada no tempo, o Goberno de Abel Caballero lonxe de pór remedio demostra que aínda pode ser máis lento”, incidiu o concelleiro do PP de Vigo.

Segundo lembrou, a resolución destas axudas o curso pasado produciuse no mes de decembro e é posible que este ano “tarde aínda máis” e que, novamente, moitas familias non poidan levar aos seus fillos ao comedor durante os primeiros meses das clases.

ÚLTIMAS

O ADN dá un xiro ao crime do Porriño: arquivada provisionalmente a causa contra o único investigado polo asasinato de Judith M.G.

As probas de ADN realizadas polo Instituto Nacional de Toxicoloxía no marco da investigación...

Vigo reorganiza o Entroido polo mal tempo e avisa: “Que treme Río de Janeiro”

O Concello de Vigo actualizou a súa programación de Entroido debido ás condicións meteorolóxicas...

O xefe da Policía Local de Vigo, novo investigado na causa polo accidente mortal do ‘Saltamontes’

O xefe da Policía Local de Vigo, Alberto Carballo, súmase á lista de persoas...

Investigado un veciño de Vigo por malos tratos animais tras localizar a un cabalo con varias feridas

O Equipo de Seprona da Garda Civil de Pontevedra investiga a un home, veciño...