InicioPolíticaA Xunta demanda ao Estado avances na conexión por tren de alta...

A Xunta demanda ao Estado avances na conexión por tren de alta velocidade co norte de Portugal

Rueda subliña a importancia de equilibrar os progresos entre ambos países e destaca a necesidade de compromisos temporais e orzamentarios por parte do Goberno español para a saída sur de Vigo.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Xunta promove un manifesto ao que convida a sumarse a organizacións, administracións e institucións que reclama ao Goberno central avances no desenvolvemento da conexión por tren de alta velocidade entre Galicia e o norte de Portugal. O texto, que recibiu luz verde do Goberno autonómico na súa reunión semanal deste luns, parte da idea de que a “percepción” de que os “avances” e “predisposición” ao desenvolvemento desta infraestrutura “non son iguais” no Goberno español en comparación co portugués, segundo manifestou o xefe do Executivo galego, Alfonso Rueda.

O manifesto será asinado este martes en Valença do Minho (Portugal) pola Xunta coa Comisión de Coordinación e Desenvolvemento Rexional Norte de Portugal (CCDR-N) e, como avanzou Rueda, xa foi remitido nos últimos “a confederacións de empresarios, organizacións sindicais e organismos de cooperación transfronteiriza”. O obxectivo é demandar ao Goberno que poña sobre a mesa “compromisos” tanto temporais como orzamentarios para facer efectiva o saída sur de Vigo e a extensión da rede ata a fronteira portuguesa. E é que, segundo Rueda, “faltan avances polo lado español” que “equilibren” os que si aprecia no Goberno portugués, polo que subliñou a importancia de “seguir facendo presión” sobre un asunto que considera “”aboslutamente capital”.

Así, o documento reclama que en 2032 a cidade de Vigo e O Porto estean conectadas por ferrocarril nun traxecto de menos dunha hora. Durante este tempo, a Xunta tamén solicita que melloren as condicións do actual Tren Celta que fai esa travesía, pois “non ofrece” un servizo “en óptimas condicións” ao contar con “material obsoleto” que cobre o desprazamento en “dúas horas e media”.

ÚLTIMAS

Detido tras ser sorprendido roubando no interior de varios vehículos

A Policía Local de Vigo detivo nas últimas horas a un home de 40...

Axentes da Policía Nacional salvan a vida a unha muller que se desvaneceu na rúa en Vigo

A rápida intervención de dous axentes da Policía Nacional da Comisaría de Vigo permitiu...

Calor sufocante e frío extremo nas dependencias da Policía de Vigo

Os sindicatos JUPOL e CSIF denunciaron ante a Inspección de Traballo a situación que...

Vigo mantén “vixilancia máxima” nas súas zonas forestais para previr incendios

O Concello de Vigo mantén activa a "vixilancia máxima" en zonas forestais da cidade...