InicioPolíticaO BNG de Vigo tacha de "propaganda" as axudas para rehabilitar vivendas...

O BNG de Vigo tacha de “propaganda” as axudas para rehabilitar vivendas de aluguer

E pediu que se mobilicen 25 millóns para a posta en marcha dun parque público de pisos

PUBLICADO O

- Advertisement -

O BNG de Vigo tachou de “propaganda” os 150.000 euros que o Concello destinará este ano a dar axudas a propietarios para que poñan en aluguer as súas vivendas baleiras e pediu que se mobilicen 25 millóns para a posta en marcha dun parque público de pisos a prezos accesibles.

Nun comunicado, os nacionalistas anunciaron solicitarán esta medida na xerencia de urbanismo prevista para este martes, en resposta ao “anuncio propagandístico” do alcalde, Abel Caballero, cunhas axudas destinadas a rehabilitar vivenda para aluguer.

O portavoz do BNG, Xabier Pérez Iglesias, cualificou esta medida de “impostura”, xa que 150.000 supón “menos recursos dos que Abel Caballero vai dedicar este ano a subvencións á Igrexa católica para actuacións sobre o seu patrimonio relixioso”.

A pesar de todo, Iglesias celebrou o “cambio de opinión” do rexedor, que pasou do “negacionismo” do “grave” problema da vivenda en Vigo a anunciar un programa municipal.

“Está claro que a Caballero lle preocupa moito máis o estado das casas do Señor que os moitos miles de vigueses que non se poden permitir o luxo de habitar a súa propia cidade”, ironizou o portavoz do BNG.

ÚLTIMAS

Sumar Galicia impulsa unha proposta de coalición de esquerdas en Vigo de face ás próximas eleccións municipais

Movemento Sumar Galicia remitiu unha carta a Esquerda Unida, Verdes Equo, Anova e Podemos...

O aeroporto de Vigo opera con “normalidade” no cuarto día de folga dos controladores aéreos

Os aeroportos de Vigo e A Coruña funcionan "con normalidade" na xornada deste luns,...

Vigo aproba a taxa turística: custará entre 0,80 e 2 euros por noite segundo o aloxamento

A Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo aprobou este venres o proxecto...

En liberdade provisional os tres detidos na operación antidroga de Vigo

O tribunal de instancia de Vigo, sección de Instrución, praza 4, decretou a posta...