InicioPolíticaCaballero aplaude a luz verde estatal á obra de Avenida de Madrid...

Caballero aplaude a luz verde estatal á obra de Avenida de Madrid e avanza a reforma da autovía Vigo-Porriño

O Concello "xa está no proceso de licitación" da obra, segundo anunciou o alcalde, Abel Caballero.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, celebrou este martes que o Goberno de España deu luz verde ao proxecto de reforma da Avenida de Madrid, no que se investirán máis de 17 de millóns de euros, e incidiu en que o Concello “xa está no proceso de licitación” da obra. Nunhas declaracións remitidas aos medios, o rexedor olívico sinalou que o Executivo central xa asinou o proxecto de reforma desa vía, unha das principais arterias de entrada á cidade, e estao “remitindo” ao Concello.

A administración municipal, asegurou o alcalde, “xa está no proceso de licitación” das obras, uns traballos que, tal e como o propio Caballero informou fai un par de semanas, comezarán despois do próximo Nadal, é dicir, en 2025. O primeiro edil vigués lembrou que a reforma da Avenida de Madrid custará máis de 17 de millóns de euros (incluído o proxecto, que pagou o Goberno), dos que o Concello achegará uns 5 millóns, e o resto será sufragado pola administración central.

REFORMA INTEGRAL DUN TRAMO DA A-55

Por outra banda, o alcalde de Vigo avanzou que o Ministerio de Transporte está en proceso de licitar pola vía de urxencia un contrato de 6 millóns de euros para acometer a “rehabilitación integral” da autovía A-55 entre a cidade e O Porriño. O proxecto, asegurou o rexedor, inclúe tamén actuacións na VG-20 e nunha parte da A-52, e dado o procedemento de emerxencia os prazos para a súa execución serán “breves”. “De novo o Goberno de España atende as formulacións que lle facemos desde Vigo”, celebrou Caballero.

ÚLTIMAS

Piden case 7 anos de cárcere para unha muller acusada de encerrar e maltratar o fillo adolescente da súa parella en Vigo

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra acollerá o mércores unha vista preliminar...

O BNG de Vigo propón subir ata un 150 % o IBI para grandes propietarios con vivendas baleiras

O BNG de Vigo propoñerá duplicar o recargo do imposto sobre bens inmobles (IBI)...

Afectados polo PIA do Ofimático de Vigo piden á Xunta que paralice a “trampa” das expropiacións

Afectados o Proxecto de Interese Autonómico (PIA) do Ofimático e Santa Cristina de Vigo...

Roubo “sacrílego” de cálices, copones, patenas e unha xerra nunha igrexa de Nigrán

A Diocese de Tui-Vigo lamentou o roubo rexistrado o pasado mércores na igrexa de...