InicioPolíticaCaballero "tende a man" a Rueda e pide un encontro

Caballero “tende a man” a Rueda e pide un encontro

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, pediu un encontro co presidente da Xunta, Alfonso Rueda, para "tratar os temas que o Goberno galego ten pendente coa cidade".

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, pediu un encontro co presidente da Xunta, Alfonso Rueda, para “tratar os temas que o Goberno galego ten pendente coa cidade”. Nun audio difundido aos medios de comunicación, o rexedor informou de que enviou unha carta ao mandatario galego cunha proposta de “man tendida para a cooperación”, co obxectivo de reunirse con el e analizar aspectos relevantes para a urbe olívica.

Para Caballero, é un “bo momento”, tras a reelección de Rueda e no seu quinto mandato como alcalde, para iniciar unha “cooperación de forma franca” entre as dúas partes. O encontro, segundo dixo, poderá realizarse tanto en Santiago como en Vigo, a elección de Rueda, esperando o rexedor a súa resposta.

ÚLTIMAS

A acampada pola vivenda de Vigo retirará as tendas a partir do 15 de novembro

A Acampada pola vivenda de Vigo, asentada desde o 12 de outubro na Alameda,...

O lume de Camos, entre as queimas autorizadas e o conflito dos bombeiros forestais

O incendio forestal declarado o xoves na parroquia de Camos, en Nigrán, comezou cunha...

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...