InicioPolíticaAcusan a Feijóo de querer "cargarse" a autonomía galega

Acusan a Feijóo de querer “cargarse” a autonomía galega

Desde Compromiso por Galicia teñen "boas palabras" para Feijóo e toda a oposición.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O secretario xeral de Compromiso por Galicia, Piñeiro Docampo, vén de pronunciarse sobre o debate do “Estado da Autonomía”. Para el, o debate “demostrou o nivel político do parlamentarismo en Galicia, unha oposición vergoñenta e un goberno insultante liderado por unha personaxe en claro retroceso no seu proceso vital”.

Piñeiro Docampo incidiu no “travestismo” que o PP fai na cámara galega, onde “enche a boca de galeguismo para xa logo a seguir ir debaixo do palio do seu líder centralista Pablo Casado”.

“O galeguismo impostado do PP en Galicia está a condicionar logo moitas das decisións que son tomadas sen que Galicia conte no escenario político cunha forza real”, anotou o líder galeguista.

Para Piñeiro Docampo, “a verdade é que desde o PP queren cargarse as autonomías, en Galicia teñen moito traballo feito e avanzado, cunha mensaxe de baixo perfil que seguro que Fraga non apoiaba”.

Piñeiro Docampo tampouco aproba o traballo da oposición, “que lle deixa coas súas leas internas e o seu desastroso nivel político moi fácil o camiño a Feijoo”.

Neste sentido sinala o secretario xeral dos galeguistas, que ten insultos para todos: “Por unha banda temos a Leiceaga que é un home cincento, un segundón que está para cubrir o expediente e que ben podería estar na Troica. Por outra temos aos de Villares, un señor que non ten predicamento nin na súa casa e que está mais preocupado polas navallas dos seus, que por como está a ser gobernada Galicia, recorrendo ao sempre circense Beiras para saír nos medios. Por último o transformismo de disimulo comunista de Ana Pontón e a súa irreal economía, irreal como irreal é o discurso do BNG”.

ÚLTIMAS

Achan a 2 persoas falecidas en senllos pisos en Vigo, sendo necesaria a intervención dos bombeiros para abrir un

Dúas persoas foron achadas mortas na mañá deste venres en Vigo en senllos pisos...

A Xustiza de Vigo rexeita ampliar o permiso de paternidade a 22 semanas como o das nais

O xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Vigo desestimou a demanda interposta por un...

A Axencia Tributaria desarticula en Vigo e outras cidades unha ‘macrotrama’ que defraudou 300 millóns en IVE

A Axencia Tributaria desmantelou unha das maiores redes de defraudación de IVE no sector...

Falece Gonzalo Caballero Álvarez, irmán do alcalde de Vigo e pai do exlíder do PSdeG e

Gonzalo Caballero Álvarez, pai do exsecretario xeral do PSdeG Gonzalo Caballero Míguez e irmán...