InicioPolíticaAbel Caballero sitúa a Elena Espinosa e López Font como cabezas da...

Abel Caballero sitúa a Elena Espinosa e López Font como cabezas da lista socialista por Pontevedra

Queda fóra tras un acordo o nome de Gonzalo Caballero, que fora proposto polo PSOE de Vigo para encabezar a lista.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A que foi ministra de Agricultura e de Medio Ambiente e concelleira de Vigo, Elena Espinosa, e o secretario local do PSOE na cidade olívica, Carlos López Font, encabezan a proposta do PSOE provincial de Pontevedra para a candidatura coa que o partido se presentará ás eleccións autonómicas do próximo 18 de febreiro.

Na lista abordada este luns polo PSOE provincial figuran como número tres, catro, e cinco a pontevedresa Palomaa Castro, o arousán Julio Torrado e a viguesa Leticia Gallego. O tres socialistas foron deputados na lexislatura recentemente finalizada.

Deste xeito, queda fóra o nome do exsecretario xeral do PSdeG Gonzalo Caballero, quen foi proposto na asemblea do PSOE de Vigo para encabezar a lista pola provincia. Precisamente, sobre a ausencia do político vigués, fontes socialistas sinalaron a Europa Press que hai un acordo entre os distintos niveis do partido para que finalmente non encabece a lista e quede fora Gonzalo Caballero. O pacto incluiría que nun futuro o político vigués ocupe outras responsabilidades no partido.

Ademais, estas fontes tamén puxeron en valor o feito de que finalmente se optase por unha muller para encabezar a lista pola provincia, unha socialista que foi durante sete anos ministra de Agricultura baixo a presidencia de José Luís Rodríguez Zapatero.

O sexto posto ocúpao o alcalde de Silleda, Manuel Cuíña, e a continuación figuran a viguesa Ana Costas, e o concelleiro de Ponteareas, Delfín Domínguez.

ÚLTIMAS

A acampada pola vivenda de Vigo retirará as tendas a partir do 15 de novembro

A Acampada pola vivenda de Vigo, asentada desde o 12 de outubro na Alameda,...

O lume de Camos, entre as queimas autorizadas e o conflito dos bombeiros forestais

O incendio forestal declarado o xoves na parroquia de Camos, en Nigrán, comezou cunha...

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...