InicioPolíticaO PSOE pide a dimisión do alcalde da Guarda e deputado provincial,...

O PSOE pide a dimisión do alcalde da Guarda e deputado provincial, Roberto Carrero, polo “escándalo dos sobresoldos”

Os socialistas reclaman tamén a dimisión de Vázquez Almuíña, deputado de Persoal da Deputación de Pontevedra, por non fiscalizar os pagos.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O grupo provincial do Partido Socialista na Deputación de Pontevedra reclamou a dimisión como deputados do Partido Popular e tamén como alcaldes da Guarda e de Baiona, de Roberto Carrero e Jesús Vázquez Almuíña polo “caso de corrupción” destapado na Deputación de Pontevedra, tras coñecerse que Carrero cobrara “por erro” máis de 4.000 euros por asistencia a plenos da institución provincial.

Despois de que os socialistas denunciasen o caso, o alcalde da Guarda manifestou, nun audio difundido aos medios de comunicación, que foi un “erro persoal manifesto pero tamén administrativo” do cal nin os servizos internos da Deputación nin el mesmo decatáronse, e pediu “desculpas públicas”, asegurando que xa transferiu á Administración Provincial este diñeiro. “Non houbo en ningún caso mala fe”, asegurou tras a denuncia pública do PSdeG-PSOE.

“Onte destapamos, nin máis nin menos, un caso de corrupción na Deputación do Partido Popular. O primeiro caso de corrupción que salpica directamente a Luís López, o presidente da Deputación de Pontevedra”, sinalaron este xoves os deputados socialistas. Para o PSdeG “esta Deputación está manchada por un caso de corrupción” que, segundo sinalaron, afecta tanto a quen “levou diñeiro público para casa” como a quen “debería supervisar estes pagos, que é o alcalde de Baiona” o deputado provincial Jesús Vázquez Almuíña, encargado de Persoal.

“VERGOÑA”

“A cada minuto que pasa, a vergoña é máis grande”, afirmou a deputada socialista Ana Laura Iglesias. “Non son persoas íntegras e non deben seguir un minuto máis en política”, engadiu. “Non toleramos que nos insulten dicindo que foi un erro” afirmou Iglesias, en relación á “inmoralidade absoluta de Roberto Carrero” por “tratar de esconder a súa responsabilidade detrás dos funcionarios e funcionarias da Deputación”.

Respecto diso, Ana Laura Iglesias preguntou “como é posible que un señor que cobrou en outubro un sobresoldo de máis de 2.500 euros e en novembro outro sobresoldo de case 2.000 euros non se dese de conta?”. Segundo os datos explicados polo PSOE, Roberto Carrero goza dunha dedicación exclusiva na Deputación de Pontevedra pola que percibe un salario de 54.000 euros o ano, “e parece que non lle chega, porque alongou a man demasiado para cobrar preto de 5.000 euros en sobresoldos”.

ÚLTIMAS

Centos de médicos reclaman en Vigo un estatuto propio: “Non queremos atendervos mal nin con pouco tempo”

Centenares de médicos saíron á rúa este xoves en Vigo para pedir un estatuto...

Ultimato de Caballero á Deputación para a firma do convenio para a piscina de Teis: “Xa non fago paripés”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, expuxo este xoves un ultimato á Deputación de...

‘Gargallada Científica’, científicos da UVigo con alma de divulgadores e corazón de contacontos

Empregar o humor sen renunciar ao rigor, e facelo en galego. Esta é a...

Pontón esixe á Xunta mercar Povisa: “Na sanidade privada non ven pacientes, ven clientes”

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, urxiu unha vez máis a compra do...