InicioPolíticaBesteiro reivindica a xestión dos fondos europeos desde o sector pesqueiro ante...

Besteiro reivindica a xestión dos fondos europeos desde o sector pesqueiro ante unha Xunta “incapaz”

Os palangreiros trasladaron ao candidato socialista á Xunta de Galicia a súa preocupación pola baixada do consumo de peixe en España, máis dun 25 por cento na última década.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O candidato do PSdeG-PSOE á Presidencia da Xunta, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou a xestión dos fondos europeos por parte do sector pesqueiro para sacar adiante proxectos innovadores, fronte a un Goberno galego que é “incapaz” de facelo.

Así se pronunciou Besteiro durante unha visita realizada este xoves ás instalacións frigoríficas que a Organización de Palangreiros da Garda (Orpagu) abriu no ano 2022 no polígono de Tui (Pontevedra) con avanzada tecnoloxía de robótica e automatización para mellorar os procesos de carga, descarga e manipulación de peixe.

Desde este edificio que, ademais, é sustentable e intelixente, o candidato e deputado socialista púxoo como exemplo de xestión de fondos europeos —contou cunha achega de case 7 millóns de euros– e contrapúxoo coa Xunta de Alfonso Rueda, que é “incapaz”, tal e como “denunciou o propio Consello de Contas” no seu último informe.

José Ramón Gómez Besteiro dixo que Orpagu, líderes en palangre en superficie na UE, ten “todo o seu respaldo” porque “son exemplares na execución dos fondos europeos, na creación de novos produtos para que a xente coma pescado e na investigación para evitar accidentes laborais entre a xente do mar”.

Pola súa banda, segundo informa o PSdeG, os palangreiros trasladaron ao líder socialista a súa preocupación pola baixada do consumo de peixe en España, máis dun 25 por cento na última década, e explicáronlle a súa aposta por adaptarse aos novos hábitos alimenticios para ser máis atractivos ás novas xeracións, como hamburguesas, ‘nuggets’ e empanadillas.

Durante esta visita, Besteiro estivo acompañado do secretario provincial do PSdeG-PSOE, David Regades, e do alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, entre outros.

 

ÚLTIMAS

A Policía de Vigo mantén abertas todas as liñas de investigación polo incendio dun edificio en Cesáreo González

A Policía Nacional de Vigo investiga "con todas as liñas abertas" o incendio ocorrido...

Abel Caballero esixe desculpas a Alfonso Rueda polo atraso do AVE a Porto ata 2039

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cargou contra o presidente da Xunta, Alfonso Rueda,...

25 de Abril: Unha revolución permanente

O 25 de abril de 1974 foi unha revolución decisiva en Portugal, que acabou...

Tres persoas feridas, unha delas de gravidade, nun incendio nun edificio en Vigo

Tres persoas resultaron afectadas, unha delas de gravidade, tras un incendio nun edificio situado...