InicioPolíticaBesteiro reivindica o traballo socialista á fronte da Zona Franca, onde impulsaron...

Besteiro reivindica o traballo socialista á fronte da Zona Franca, onde impulsaron 46 empresas e 4.500 empregos

Defende os resultados da "suma e a coordinación" fronte á "confrontación á que nos ten habituados Rueda".

PUBLICADO O

- Advertisement -

O candidato socialista á Presidencia da Xunta, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou as 46 empresas e máis de 4.500 postos de traballo impulsados desde a Zona Franca nos últimos cinco anos de goberno socialista. O dirixente socialista visitou este venres o Polígono de Porto do Molle xunto co alcalde de Nigrán, Juan González, e o ex delegado da Zona Franca e deputado no Congreso David Regades.

Besteiro puxo Porto do Molle como exemplo da “política que se fai desde a suma, desde o esforzo, desde a coordinación e non desde a confrontación” como, segundo indicou, fai o presidente da Xunta, Alfonso Rueda. O candidato socialista destacou a puxanza deste Polígono, que actualmente acolle a 150 empresas e 3.500 postos de traballo. “Esta é a política intelixente, a que reclamo en todos os campos da administración, cando non se confronta senón que se suma, coordinámonos e empuxamos todos na mesma dirección”, indicou.

Besteiro dixo que o Polígono e a consecuencia da colaboración entre o Goberno central a través da Zona Franca e o Concello de Nigrán, que supoñen “un antes e un despois nos últimos anos nos investimentos públicos do sur da provincia”, e que demostra que “o que a Xunta non fai” téñeno que facer os socialistas.

DAVID REGADES

O deputado no Congreso e secretario provincial do PSdeG, David Regades, sinalou que Porto do Molle evidencia o resultado do esfuerzo do Estado por cubrir o déficit na aposta polo sector industrial por parte da Xunta. Así mesmo, dixo que despois das próximas eleccións autonómicas será Besteiro como presidente da Xunta quen permita darlle “o impulso definitivo” a esta área en coordinación co Estado e os concellos da zona.

O alcalde de Nigrán, Juan González, destacou a importancia do Polígono para a localidade e para as empresas que ocupan un millón de metros cadrados centradas no I+D, a alta tecnoloxía, ademais dun gran parque comecial que dá servizo á localidade e toda a zona do Sur de Vigo.

ÚLTIMAS

A Audiencia desestima o recurso dos comuneiros de Cabral pola propiedade dunha vivenda

A sección sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, desestimou un...

O PSOE de Vigo rexeita debater o cesamento da concelleira de Seguridade pola causa do ‘Saltamontes’

O PSOE de Vigo rexeitou este luns debater no pleno municipal dúas mocións de...

A borrasca Josep provoca a suspensión do transporte de ría en Vigo

As malas condicións meteorolóxicas levaron a suspender o transporte de ría en Vigo, onde...

Caballero reta a Nova York: “En Times Square teñen que aprender do Nadal de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, volveu despregar na nova edición da Feira Internacional...