InicioPolíticaRubén Pérez marcha a Madrid como número dous do ministerio de Mocidade...

Rubén Pérez marcha a Madrid como número dous do ministerio de Mocidade e Infancia

Rubén Pérez foi tamén secretario de Organización cando Yolanda Díaz lideraba EU-EU en Galicia

PUBLICADO O

- Advertisement -

A ministra de Mocidade e Infancia, Sira Rego, dirixente de Esquerda Unida, sitúa como número dous da carteira que dirixe a Rubén Pérez, tamén militante de Esquerda Unida que foi impulsor da Marea de Vigo e actualmente é responsable de Municipal na dirección federadal de EU.

Desta maneira, segundo fontes consultadas por Europa Press –e adiantou Radio Vigo–, o Consello de Ministros do novo goberno que lidera Pedro Sánchez nomeará a Rubén Pérez este mércores como secretario de Estado do Ministerio de Mocidade e Infancia.

Rubén Pérez Correa (Vigo, 1977), é Licenciado en Historia pola USC e técnico especialista e posgrao en Loxística e Produción, participou na construción das mareas municipalistas que en 2015 irromperon nos concellos galegos, no seu caso, na oposición nunha corporación municipal que lidera Abel Caballero (PSOE) con maioría absoluta.

Ademais, antes de situarse á fronte de responsabilidades federais baixo a dirección de Alberto Garzón, Rubén Pérez foi secretario de Organización de Esquerda Unida-Esquerda Unida con Yolanda Díaz como coordinadora galega de EU-EU.

Á fronte destas responsabilidades, foi un dos artífices das alianzas da esquerda ‘rupturista’ cunha parte do nacionalismo galego que desembocou na formación En Marea, agora disolta tras chegar a conquitar 14 deputados e ser segunda forza máis votada na Comunidade galega.

NOVAS TAREFAS

Como secretario de Estado, Rubén Pérez terá a tarefa de articular un ministerio que non existía ata agora e un sector da poboación co que Yolanda Díaz se comprometeu en campaña electoral para ofrecer un bono para formarse ou emprender de 20.000 euros.

ÚLTIMAS

A borrasca Josep provoca a suspensión do transporte de ría en Vigo

As malas condicións meteorolóxicas levaron a suspender o transporte de ría en Vigo, onde...

Caballero reta a Nova York: “En Times Square teñen que aprender do Nadal de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, volveu despregar na nova edición da Feira Internacional...

(Vídeo) O día que ‘Stranger Things’ abriu un burato en Vigo… que non se pecha

En Vigo pasan cousas raras no Nadal, todo o mundo o sabe. Non raras...

A Fiscalía solicita 3 anos e medio de cárcere para a dona dunha empresa de carpintaría por empregar persoal sen dar de alta na...

A dona dunha empresa de carpintaría enfróntase a unha petición de 3 anos e...