InicioPolíticaXunta e Concello de Vigo manterán unha nova reunión para abordar a...

Xunta e Concello de Vigo manterán unha nova reunión para abordar a situación do incendio na rúa Alfonso X

PUBLICADO O

- Advertisement -

Representantes da Xunta e do Concello de Vigo manterán este xoves unha nova reunión para abordar a situación das persoas afectadas polo tráxico incendio dun edificio na rúa viguesa Alfonso X O Sabio no que morreron catro persoas, tres delas menores. Confirmouno este mércores a conselleira de Política Social, Fabiola García, en resposta a unha pregunta feita pola deputada do BNG Alexandra Fernández, que acusou á Xunta de “non facer nada” para mellorar a situación da familia que perdeu a unha muller e aos seu tres fillos no suceso do 11 de outubro.

Segundo Fernández, que afeou que a pregunta oral no pleno non fose respondida pola vicepresidente segunda e responsable de Vivenda, Ángeles Vázquez, a Administración autonómica tiña constancia de que esta familia se atopaban nunha situación de especial vulnerabilidade desde o ano 2021. Así, censurou que a Xunta non tramitase con “urxencia” unha alternativa habitacional para esta familia, que “nunca debeu de estar” na situación na que se atopaba, residindo nunha vivenda de forma ilegal. “Esta traxedia debería ser o punto e final do rexeitamento absoluto do PP ás políticas de vivenda”, apostilou a nacionalista.

Na súa quenda, a conselleira de Política Social apelou á “coordinación” institucional e a afastar “intereses partidistas” de cuestións como a ocorrida en Vigo, á vez que aseverou que o goberno autonómico estivo “á beira das familias” e realiza “un seguimento exhaustivo” de persoas en situacións similares. Tras lembrar que tras a traxedia asumiu a tutela dunha das fillas da nai falecida, quen se atopa aínda hospitalizada; García sinalou que este mércores terá lugar un novo encontro entre Xunta e concello para analizar os pasos a seguir coas persoas que residían no edificio.

ÚLTIMAS

A CIG denuncia que o modelo de Muface prioriza o beneficio económico sobre o dereito á saúde

A CIG denunciou este luns que o modelo de mutualismo administrativo está deseñado para...

La Reina del Flow encabezará o Galicia Fest 2026 cun concerto no Porto de Vigo

A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, anunciou este luns o primeiro cabeza...

Guerra de cifras e reproches entre a Xunta e o Concello de Vigo pola vivenda e o Mundial 2030

A Xunta de Galicia reivindicou este luns o seu compromiso coa construción de vivenda...

Un policía local de Redondela resulta ferido ao deter un home que tentou reter a unha moza

Un axente da Policía Local de Redondela resultou ferido este fin de semana durante...