InicioPolíticaAbel Caballero, ao líder de En Marea: "Luís Villares é un farsante...

Abel Caballero, ao líder de En Marea: “Luís Villares é un farsante en mans de Feijóo”

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, tivo moi duras palabras para o portavoz de En Marea, Luís Villares, ao que acusou de ser un “farsante en mans de Feijóo”. O motivo desta acusación atópase na comisión de investigación que se vai abrir no Parlamento galego sobre o accidente ocorrido no Marisquiño. Unha comisión que, para Caballero, é froito dun “vergoñoso pacto” entre o presidente da Xunta e Villares.

“É vergoñoso o pacto de Villares con Feijóo e desautorízao para ser oposición para sempre, lémbranos a pactos do Bloque co PP en Vigo, contra o Partido Socialista de Vigo e xa nunca máis vai poder facer de oposición a Feijóo, porque é un farsante en mans de Feijóo“, engadiu Caballero, segundo recolle Galicia Confidencial.

O alcalde socialista considera que “Villares ten que responder diante de toda Galicia, porque fixo un pacto coa dereita dura de Feijóo” co “único obxectivo”, dixo, “de tentar erosionar o alcalde de Vigo”.

Caballero di que o portavoz de En Matea “se atopa moi cómodo pactando co contra o alcalde de Vigo” e acúsao de querer “usurpar a autonomía municipal levando ao parlamento cuestións que son exclusivas do Concello”.

O rexedor, moi molesto, aconsellou a Villares impulsar investigacións nos concellos onde gobernan as mareas ou no Parlamento sobre temas que poidan afectar a Feijóo. Ademais, foi moi duro ao dicir: “Todos sabemos que Villares non vai repetir como portavoz de En Marea, foi un pésimo candidato e un desastre contra Feijóo”.

Nesa liña argumentativa, sorprendentemente, tamén recomendou a Villares que “escoite moito a Beiras, que preste atención ao que lle din, que se cadra así aprende algo”.

ÚLTIMAS

Sanidade licita por 284.000 euros reactivos clave para transplantes no Hospital Meixoeiro

A Xunta de Galicia, a través do Servizo Galego de Saúde (Sergas), publicou no...

O PP de Vigo esixe a auditoría das contas de Bembrive mentres o Goberno local cualifica as acusacións de “falsas”

A presidenta do PP de Vigo, Luisa Sánchez, esixiu ao rexedor, Abel Caballero, que...

Zona Franca renovará o seu apoio ao proxecto BIXO da UVigo SpaceLab para o lanzamento dun novo satélite

Zona Franca renovará o seu apoio ao proxecto BIXO da UVigo SpaceLab, que pretende...

Catro tartarugas mariñas, rescatadas e trasladadas á UCI de Nigrán tras aparecer debilitadas no litoral galego

Catro tartarugas mariñas foron trasladadas á UCI das instalacións da Coordinadora para o Estudo...