InicioPolíticaO BNG denuncia que o goberno de Abel Caballero lle oculta un...

O BNG denuncia que o goberno de Abel Caballero lle oculta un cento de expedientes de licenzas urbanísticas

O portavoz do BNG, Xabier Pérez Igrexas, reiterou na reunión do Consello da Xerencia de Urbanismo deste martes a súa solicitude de acceso a eses expedientes que, ata agora estaban paralizados por estar suspendida a concesión de licenzas, pero que poderán tramitarse a partir do 16 de outubro, cando decaia esa suspensión, "aínda que sexan incompatibles" co novo Plan Xeral de Ordenación Municipal (que está pendente de aprobación provisional).

PUBLICADO O

- Advertisement -

BNG de Vigo denunciou a “ocultación” por parte do goberno local dun centenar de expedientes de licenzas urbanísticas, que o grupo municipal nacionalista solicitou e que non lle foron facilitadas.

O portavoz do BNG, Xabier Pérez Igrexas, reiterou na reunión do Consello da Xerencia de Urbanismo deste martes a súa solicitude de acceso a eses expedientes que, ata agora estaban paralizados por estar suspendida a concesión de licenzas, pero que poderán tramitarse a partir do 16 de outubro, cando decaia esa suspensión, “aínda que sexan incompatibles” co novo Plan Xeral de Ordenación Municipal (que está pendente de aprobación provisional).

Pérez Igrexas denunciou que o goberno local vulnerou os seus dereitos fundamentais como concelleiro, ao non atender a solicitude que realizou o pasado 13 de setembro para poder acceder a eses expedientes. Segundo sinalou, algunhas das licenzas pendentes de tramitar “afectan a ámbitos de especial protección ou de primeira liña de litoral” e “non poderían outorgarse baixo ningún concepto co novo PXOM”.

Para o BNG, a “opacidade” do goberno a este respecto demostra que “hai moito que esconder”. O goberno de Abel Caballero non quere que a cidade saiba quen se vai a beneficiar desta nova ‘porta de atrás’ para uns poucos, dentro do ‘urbanismo á carta’ no que insiste unha e outra vez a concelleira María José Caride”, subliñou o portavoz do grupo nacionalista.

ÚLTIMAS

Balaídos terá unha ‘Tribuna Iago Aspas’: Caballero anuncia que levará o nome do xogador e terá unha estatua ao seu carón

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a bancada de Tribuna do estadio...

Vox leva ao xulgado os incidentes nunha mesa informativa en Cangas e estuda accións polo acto frustrado de Santiago

Vox presentou este martes unha denuncia ante a sección de instrución do Xulgado de...

Foanpas denuncia “carencias de profesorado” e “caos” no transporte escolar neste inicio de curso en Vigo

A Federación Olívica de Asociacións de Nais e Pais de Centros Escolares de Vigo...

Vigo pon en marcha o Nadal: comeza a montaxe dos grandes elementos con case 13 millóns de luces

O Concello de Vigo iniciou este martes a montaxe dos grandes elementos do seu...