InicioPolíticaPiden a Toni Cantó que se desculpe tras acusar a Galicia de...

Piden a Toni Cantó que se desculpe tras acusar a Galicia de “discriminar” aos castelanfalantes

PUBLICADO O

- Advertisement -

Toni Cantó está de plena actualidade. O deputado de Ciudadanos vén de impulsar no Parlamento unha proposición de lei para “que o coñecemento das linguas propias das comunidades autónomas sexa un mérito e non un requisito para acceder a un empleo público”.

Aínda caldeouse máis o ambiente coas súas declaracións. Defendeu que os castelán falantes están sendo discriminados no seu acceso e promoción no emprego público.  Tamén que catalán, o galego e euskera “gozan dunha saúde excelente, e pese a iso as autoridades dalgunhas autonomías están tratando de impoñelos”.

Para Cantó, os partidos nacionalistas están cometendo abusos e a convivencia ente linguas non é respectuosa. Máis aló, asegura que o castelano desapareceu en Cataluña, Baleares, a Comunidade Valenciana, o País Vasco… e tamén Galicia. “É un feito que ninguén pode negar”, selou.

Estas declaracións xa foron respostadas por multitude de medios. Desde Compromiso por Galicia lamentaron o que cualificaron como un “ataque gratuíto ao noso idioma e polo tanto a nosa cultura, nun discurso máis propio de outros tempos e outras situacións”.

 “O galego é patrimonio do noso pobo e a libre elección de usalo está recollida no marco legal. Por riba a ignorancia do señor deputado, non valora a enorme riqueza que supón ter un Estado con varias linguas cooficiais. Mesmo chama a atención que se declaren europeístas cando os distintos tratados da Unión defenden esta realidade”, argumentan.

“A nosa lingua é parte da nosa identidade e Ciudadanos agrede de esta forma a todo Galicia, baseándose nunha mentira, en un descoñecemento total da realidade, porén pedimos a dirección de C´S Galicia que desautorice publicamente a este Deputado e pida unha rectificación pública na mesma cámara onde se propuxo esta aldraxe, se é que son autónomos para tomar esta decisión, no caso contrario demostran á claras que Galicia non lles importa”,conclúen.

 

ÚLTIMAS

Sogama acusa a Caballero de mentir sobre a subida do canon do lixo

O presidente de Sogama, Javier Domínguez Liño, acusou este luns ao alcalde de Vigo,...

A conexión mediante o Tren Celta a entre Vigo e O Porto volverá a funcionar a partir de decembro

O Eixo Atlántico informou de que o Tren Celta, que une as cidades de...

O BNG esixe pór fin ao “descontrol” e á “barra libre” dos pisos turísticos en Vigo: “En 5 anos, pasaron de 400 a 2.400”

O BNG de Vigo esixiu ao goberno municipal e á Xunta de Galicia que poñan fin...

Deteñen un home en Vigo por causar lesións a outra persoa durante unha pelexa

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron o pasado fin de semana a un...