InicioPolíticaDimite unha concelleira socialista de Redondela por "discrepancias irreconciliables" coa alcaldesa

Dimite unha concelleira socialista de Redondela por “discrepancias irreconciliables” coa alcaldesa

A agrupación de Electores de Redondela (AER), que goberna co PSOE, destaca o traballo da edil que marcha. "Non comezamos nada ben", din.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A dimisión dunha concelleira socialista por “discrepancias irreconciliables” coa alcaldesa Digna Rivas (tamén do PSOE) provocou unha crise do goberno local no municipio pontevedrés de Redondela, a pesar de que non pasaron nin dúas semanas desde que a rexedora foi investida.

En concreto, a edil María Castro deixou o seu posto no Concello tras meses de “desencontros” coa alcaldesa. O último deles xurdiu na repartición de responsabilidades do novo goberno local, despois de que Digna Rivas decidise apartala do seu cargo á fronte da Concellaría de Urbanismo, como nos últimos catro anos, para ofrecerlle Patrimonio e Turismo e Interior.

Na anterior lexislatura, Castro tiña o mando das concellarías de Economía e Facenda, ademais de Urbanismo e Vivenda, así como Emprego, Patrimonio e Turismo (esta última asumiuna cando AER deixou o goberno). Tras as eleccións, Rivas quixo relegala a outro posto, asignándolle só Patrimonio, Turismo e Interior, polo que presentou a súa dimisión.

Entre as explicacións que lle deu a rexedora para non permitirlle quedar coa responsabilidade de Urbanismo atópase que Rivas asinou un pacto con AER que, segundo di, en moitos aspectos ten que ver con Urbanismo, polo que decidiu quedar ela con esa Concellaría persoalmente.

En declaracións a Europa Press, Castro puxo o foco en que a relación coa alcaldesa era mala desde facía varios meses, debido a que, a pesar de empezar “moi ben” fai catro anos, aos poucos as decisións deixaron de ser acordadas en grupo, recaendo só na figura de Rivas. “Hai tempo que as decisións non son de equipo. A política é un xogo de equipo. Non se pode xogar só. Iso que foi así durante algún tempo deixou de ser”, lamentou.

“PERDA MOI DURA”

Pola súa banda, desde a Agrupación de Electores de Redondela (AER) lamentaron a saída do goberno local de Castro, cualificándoa dunha “perda moi dura” ao tratarse “dunha das mellores concelleiras” da pasada lexislatura. “Non empezamos nada ben”, indicaron fontes de AER consultadas por Europa Press.

Desde o partido, que forma parte tamén do goberno local xunto co PSOE, aseguraron que advertiron a Rivas de que estes desencontros con Castro poderían levar á súa saída da política. Algo que finalmente ocorreu. “Non estamos contentos”, sentenciaron.

ÚLTIMAS

Xuízo con tribunal popular para o crime de Coia: o acusado enfróntase a case 22 anos de cárcere por asasinato

O xuízo polo chamado crime de Coia de 2024, que se celebrará con tribunal...

Cardama, avisa: “se Uruguai rompe o contrato das patrulleiras será malo para todo o naval vigués”

O empresario vigués José García Costas, accionista do estaleiro Cardama, advertiu este venres de...

A Xunta nega acoso escolar tras as denuncia no colexio concertado Monterrey: “técnicamente non é”

A familia dunha nena de 5 anos denunciou a falta de actuación do colexio concertado...

Sancionan cinco alumnos do colexio Monterrey en Vigo tras a denuncia da familia dunha nena por suposto acoso

O colexio Monterrey de Vigo abriu cinco "procedementos correctores con sancións" no marco da...