InicioPolíticaNava Castro (PP) volve á alcaldía de Ponteareas, 20 anos despois, como...

Nava Castro (PP) volve á alcaldía de Ponteareas, 20 anos despois, como cabeza da lista máis votada

PUBLICADO O

- Advertisement -

Nava Castro (PP), ata hai unhas horas directora de Turismo de Galicia da Xunta, foi investida este sábado como alcaldesa de Ponteareas, ao ser a candidata da lista máis votada nos comicios do pasado 28 de maio, e despois de que non se alcanzou acordo, nin por parte da dereita nin da esquerda, que chegase á maioría absoluta.

Así, no pleno extraordinario celebrado este sábado, a candidata do PP reuniu os votos do seu grupo (7) e o do único edil de Independentes de Ponteareas, Domingos Freitas. Pola súa banda, tanto os 2 concelleiros do PSOE como o de Ponteareas en Común renunciaron a postularse como alcaldes, e deron o seu voto á candidata do BNG e alcaldesa ata agora, Cristina Fernández, do BNG, que logrou 6 edís.

Así, a opción do BNG logrou 9 apoios pero quedou a dous votos da maioría absoluta, xa que os catro concelleiros de ACIP, liderados por Juan Carlos González Carreira, votaron ao seu candidato.

Precisamente, os contactos de ACIP co resto de forzas prolongáronse ata as últimas horas, xa que este grupo tiña a chave de goberno. O PP ofreceulle un goberno de coalición, coa tentencia de Alcaldía e varias concellarías, pero González Carrera rexeitouno, ao reivindicar poder ter o bastón de mando de Ponteareas, aínda que fóra de maneira rotatoria.

Tampouco houbo acordo de ACIP coas forzas de esquerda e, ao votarse a si mesmos estes concelleiros, foi investida Nava Castro, como cabeza da lista máis votada nos comicios municipais.

Castro xa foi alcaldesa de Ponteareas de 2000 a 2003, en substitución do seu pai, Pepe Castro (que foi rexedor desde 1979 por Alianza Popular e logo polo PP). Tras a saída de Castro, pasaron pola cadeira de brazos da alcaldía o socialista ‘Pancho’ Candeira, que estivo un ano e foi relegado por unha moción de censura, Salvador González Solla (PP), o falecido Xosé Represas (BNG) e Cristina Fernández (BNG).

ÚLTIMAS

Vigo aproba a taxa turística: custará entre 0,80 e 2 euros por noite segundo o aloxamento

A Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo aprobou este venres o proxecto...

En liberdade provisional os tres detidos na operación antidroga de Vigo

O tribunal de instancia de Vigo, sección de Instrución, praza 4, decretou a posta...

Vigo reforza o servizo de extinción de incendios coa incorporación de 30 novos bombeiros

A Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo aprobou este venres o nomeamento...

Belén Rubio coloca o campus de Pontevedra no centro do seu proxecto para liderar a UVigo

A candidata á reitoría da Universidade de Vigo pola agrupación H2040, Belén Rubio, situou...