InicioAcordo entre BNG e PSOE de Salceda para apoiar a investidura da...

Acordo entre BNG e PSOE de Salceda para apoiar a investidura da candidata de Movemento Salceda

O documento do acordo recolle unha serie de demandas, entre elas "transparencia e comisións de seguimento" para exercer unha fiscalización efectiva.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O BNG e o PSOE de Salceda de Caselas  alcanzaron un acordo para apoiar a investidura da candidata de Movemento Salceda, Loli Castiñeira, “atendendo ao resultado electoral do 28 de maio”.

Nun comunicado conxunto, ambas as forzas defenderon que antepoñen en todo momento “que na xestión municipal deben porse por diante os intereses xerais dos veciños, para buscar solucións no ámbito social e realizar un control financeiro dando cumprimento ao plan de axuste actual, ao que se acaba de acoller voluntariamente o Concello de Salceda”.

O documento do acordo recolle unha serie de demandas que socialistas e nacionalistas consideran “imprescindibles” para os próximos anos, e tamén esixiron “transparencia e comisións de seguimento” para exercer unha fiscalización efectiva.

En materia económica, pedirán o cumprimento do plan de axuste, para non reverter a situación conseguida, e que se impulsen medidas de “boas prácticas para a xestión económica” do Concello en cuestións como os contratos anuais de servizos e subministracións.

PSOE e BNG tamén apostou por unha defensa dos servizos básicos, como a sanidade, a educación ou a necesidade de que se constrúan vivendas protexidas.

Finalmente, pediron que se elabore o Plan Xeral entre todas as forzas políticas que forman parte da Corporación, e “contando coa participación veciñal”, e que se continúe co proceso de contratación e estabilización do persoal municipal.

No mandato 2019-2023, o goberno municipal foi ostentado por Movemento Salceda (4 concelleiros) e PSOE (3 concelleiros), que se repartiron a alcaldía: dous anos foi rexedora Loli Castiñeira e outros dous a socialista Verónica Tourón. Nas eleccións do pasado 28 de maio, o PP repetiu 6 concelleiros, Movemento Salceda logrou manter as súas 4 actas, mentres que o PSOE baixou de 3 a 2, e entrou na Corporación o BNG cun edil.

ÚLTIMAS

O Goberno vigués veta unha declaración institucional para pedir a fin das peaxes na AP-9

O goberno municipal de Vigo vetou este mércores unha proposta de declaración institucional, promovida...

Detidos mentres tentaban recuperar 80 quilos de coca nun colector en Vigo

Unha operación conxunta levada a cabo por axentes da Garda Civil e funcionarios de...

Luisa Sánchez asume o control do PP en Vigo para ser “alternativa” nas eleccións de 2027

A presidenta do PP de Vigo asumirá nos próximos días a portavocía do grupo...

Un axente en prácticas salva do afogamento a un vendedor de drogas que caeu no porto ao tentar fuxir

A Policía Nacional detivo nos últimos días a tres persoas en Vigo tras desarticular...