InicioPolíticaA Xunta acusa á Deputación de Pontevedra de desatender aos afectados de...

A Xunta acusa á Deputación de Pontevedra de desatender aos afectados de Tui

Di que é "moi difícil facer algo" coa institución que preside Carmela Silva logo de que esta criticara que Feijóo conxelou todos os acordos ante a proximidade das municipais.

PUBLICADO O

- Advertisement -

“A Deputación de Pontevedra négase a axudar aos afectados de Tui”. É a denuncia que fixo este xoves o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, tras ser cuestionado polas críticas realizadas pola presidenta desa institución, Carmela Silva, que este mércores acusou ao Goberno galego de conxelar os convenios e axudas coa deputación que preside ante a proximidade das eleccións.

“Non sei de que axudas fala. Debería concretar de que se trata”, protestou Feijóo na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta ao ser preguntado por esta cuestión. Ademais, acusou ao organismo provincial de ser o responsable de non ter unha boa coordinación co Goberno galego. “É difícil facer algo coa deputación se non concretan as axudas ou o que queren”, indicou.

Neste sentido, lembrou o encontro que mantivo este mércores co alcalde de Tui e dixo que o rexedor lle trasladou a “nula” colaboración que existe por parte da Deputación de Pontevedra cos afectados da explosión pirotécnica de Paramos.

ÚLTIMAS

Centos de médicos reclaman en Vigo un estatuto propio: “Non queremos atendervos mal nin con pouco tempo”

Centenares de médicos saíron á rúa este xoves en Vigo para pedir un estatuto...

Ultimato de Caballero á Deputación para a firma do convenio para a piscina de Teis: “Xa non fago paripés”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, expuxo este xoves un ultimato á Deputación de...

‘Gargallada Científica’, científicos da UVigo con alma de divulgadores e corazón de contacontos

Empregar o humor sen renunciar ao rigor, e facelo en galego. Esta é a...

Pontón esixe á Xunta mercar Povisa: “Na sanidade privada non ven pacientes, ven clientes”

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, urxiu unha vez máis a compra do...