InicioPolíticaMarea de Vigo: "Temos as portas abertas a Podemos"

Marea de Vigo: “Temos as portas abertas a Podemos”

PUBLICADO O

- Advertisement -

Podemos Vigo anunciaba este venres a súa intención de presentarse ás eleccións municipais do 2019. Apostaba por unha “gran alianza ou coalición”, como a que no seu día se presentou dentro das siglas de Marea de Vigo, pero tamén advertía que, senón é posible, pois había outras posiblidades.

Non tardou en respostar Marea de Vigo ao que máis que invitación sonou a órdago. “Acollemos como unha boa noticia a disposición de Podemos a traballar por unha alianza para as eleccións municipais”, dixo Rubén Pérez a pregunta dos medios.

O líder da marea vigues insistiu en que “hai que emendar” a ausencia da formación morada nun proxecto común e lembrou que o espazo de Marea de Vigo “xa é plural e está consolidado”. Pérez aposta pola marca En Marea para volver a repetir coalición.

“Temos boa relación con Podemos porque compartimos grupo no Congreso e proxecto en moitos concellos de Galicia. En Vigo non, pero cremos que imos emendar iso”, dixo quen tamén é membro da dirección de IU en Galicia. Con todo, deixou claro que “non hai présa” pola lista e o importante é que se peche un acordo “antes de setembro”.

“Logo queda un debate profundo sobre como Marea de Vigo, Podemos, Anova, Esquerda Unida e as forzas do cambio somos quen de facer unha correlación de forzas diferentes nas deputacións provinciais”, engadiu.

ÚLTIMAS

Centos de persoas saen á rúa en Vigo contra a crise da vivenda: “Nin unha Maricarmen máis”

Centos de persoas concentráronse este luns na Porta do Sol de Vigo, convocadas pola...

Vigo suspende por sorpresa a licitación do bus urbano, o maior contrato da súa historia

O Concello de Vigo publicou este luns na Plataforma de Contratación do Estado o...

A Xunta acorda a expropiación de case 15 hectáreas de monte comunal en Mos para a cidade deportiva do Celta

O Diario Oficial de Galicia (DOG) recolle este luns a resolución da Consellería de...

A UVigo supera o 100 % de ocupación nos graos e suma 3.883 novas matrículas

A Universidade de Vigo (UVigo) alcanzou unha taxa de ocupación do 103 % na...