InicioPolíticaCaballero: "O Goberno de España é un aliado fundamental desta cidade, como...

Caballero: “O Goberno de España é un aliado fundamental desta cidade, como non sucedeu nunca na historia”

Traslada a Besteiro a súa satisfacción polo apoio do Goberno a Vigo fronte ao "sectarismo fanático" de Rueda.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, mantivo este mércores un encontro co delegado do Goberno en Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, a quen trasladou a súa satisfacción polo apoio do Executivo de Pedro Sánchez á cidade, fronte á ausencia de investimento da Xunta e ao “sectarismo fanático” do presidente galego, Alfonso Rueda.

Esta é a primeira visita de Gómez Besteiro a Vigo como delegado do Goberno en Galicia, aínda que o encontro co alcalde non estaba na súa axenda pública nin na do rexedor. De feito, Caballero foi o único dos grandes alcaldes socialistas que non acudiu á súa toma de posesión o que se intrepretou como que Besteiro non tiña o apoio dos socialistas de Pontevedra. Por iso, a decisión do novo delegado do Goberno de verse con Caballero tenta amosar a “unidade do socialismo galego” con este nomeamento.

Nunha rolda de prensa, o rexedor olívico sinalou que ambos, a quen une “unha amizade de moitos anos”, abordaron varias cuestións, especialmente os fondos da UE que están a chegar á cidade, vía Goberno de España, para diferentes proxectos, que cifrou en 50 millóns de euros.

Por outra banda, explicou Caballero, informou ao delegado sobre o papel de Vigo no PERTE da automoción, no do Naval ou o proxecto da planta de semiconductores; do AVE Vigo-Ourense por Cerdedo; do estudo para o abastecemento da auga; a nova autovía ao Porriño; ou o saída sur ferroviaria.

“Quíxenlle transmitir que o Goberno de España é un aliado fundamental desta cidade, como non sucedeu nunca na historia“, proclamou, e resaltou que, fronte a este apoio, a Xunta non destinou “nin un céntimo” de axudas europeas ao Concello de Vigo, o que tachou de “escándalo”. “Debe ser que o señor Rueda, no seu sectarismo fanático antiVigo, cre que Vigo non é Galicia”, engadiu.

O alcalde volveu a pór como exemplo a obra da senda ciclable de Beiramar, que se está executando con fondos europeos, algo que Xunta e Porto pretenden “ocultar”, pondo un “xigantesco cartel” para “simular” que a obra a paga o goberno galego.

ÚLTIMAS

( Vídeo) Un guerreiro celta que empequeneceu ao Barça

O multiinstrumentalista galego, Abraham Cuperio, actuou este sábado na previa do RC Celta -...

Vigo ‘pecha’ o seu Nadal ante a alerta laranxa por temporal

Ante a alerta da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior sobre fenómeno meteorolóxico adverso...

O conservatorio de Gondomar levará o nome de Conchita Quintas

Así o anunciou o alcalde Paco Ferreira durante o concerto de Santa Icía deste...

A Xunta dota de docente á unidade de Saúde Mental infanto-xuvenil do Cunqueiro

A Xunta dotou á nova unidade de hospitalización de Saúde Mental infanto-xuvenil do Álvaro...