InicioA secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, "confía na capacidade e no...

A secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, “confía na capacidade e no equipo” ‘popular’ das Neves para recuperar a alcaldía

A número dous dos populares galegos lembrou que, "fronte aos pactos de perdedores, o PP ofrece un proxecto de cohesión e prosperidade"

PUBLICADO O

- Advertisement -

A secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, considera as eleccións de maio “unha oportunidade” para recuperar a alcaldía das Neves da man de José Manuel Alfonso e dun equipo renovado, “pero con experiencia e capacidade de xestión, para que o municipio pontevedrés avance cara a un futuro ambicioso”.

O candidato dos populares, explican nun comunicado, comprometeuse a liderar ese cambio “escoitando todas as propostas que poidan xurdir en conversación cos veciños para tratar de dar resposta ás súas necesidades”.

Na súa traxectoria política, detallan, xa formou parte dalgunha candidatura ao municipais pero “agora ten o reto de recuperar a maioría absoluta que permita ao PP gobernar As Neves novamente tras oito anos de estancamento do bipartito BNG-PSOE, sen ideas nin proxectos, coas parroquias abandonadas e nun clima de divisións e de crispación política”.

A número dous dos populares galegos, que acudiu á XXX Feira do Requeixo e Mel das Neves, lembrou que, “fronte aos pactos de perdedores, o PP ofrece un proxecto de cohesión e prosperidade co compromiso de velar polo benestar de todos os veciños, independentemente da súa ideoloxía política”.

ÚLTIMAS

O temporal complica o tráfico aéreo en Vigo: voos desviados, cancelacións e avións que tiveron que regresar a orixe

O temporal que afecta estes días a Galicia tamén obrigou a cancelar e a...

O BNG de Vigo esixe un “cambio radical” no bus urbano ante a perda de 1,3 millóns de viaxeiros

O BNG de Vigo esixiu un "cambio radical" no modelo de transporte urbano da...

Retroceder as praias ou recuar a Administración

O que está a acontecer este inverno na costa da ría de Vigo non...

Un estafador reincidente enfróntase a seis anos de cárcere por falsos alugueres en Vigo

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, celebrou este...