InicioOpiniónOPINIÓN.- Tolerancia cero coa exaltación do fascismo: O caso da "cruz" do...

OPINIÓN.- Tolerancia cero coa exaltación do fascismo: O caso da “cruz” do Monte do Castro en Vigo

Lois Pérez Leira, familiar de represaliados do franquismo

PUBLICADO O

- Advertisement -

A “cruz” do Monte do Castro en Vigo é un símbolo que xerou gran controversia. Trátase dunha “cruz” fascista que foi erixida durante a ditadura de Francisco Franco e que, a pesar da Lei da Memoria Democrática, segue en pé.

O alcalde de Vigo Abel Caballero negouse a trasladar este símbolo franquista, incumprindo así a lei que establece a retirada dos símbolos e monumentos que lembran a ditadura. Esta decisión xerou gran indignación entre os defensores da memoria democrática e os familiares das vítimas viguesas.

A ‘cruz’ do Monte do Castro é un recordatorio da represión e a violencia que se viviu durante a ditadura de Franco. A súa presenza no corazón da cidade é un insulto ás vítimas do franquismo e ás súas familias. A tolerancia cero coa exaltacion do franquismo debe ser unha prioridade para calquera administración que se prece de democrática.

A Lei da Memoria Democrática é clara neste sentido. Establece que os símbolos e monumentos que lembran a ditadura deben ser retirados e que se deben tomar medidas para preservar a memoria das vítimas do franquismo. O alcalde de Vigo debe cumprir coa lei e trasladar a “cruz” do Monte do Castro. Se é un símbolo cristián que a curia fágase cargo de trasladar esas pedras a un espazo de propiedade eclesiástica.

A negativa do alcalde para trasladar a “cruz” é un exemplo da falta de compromiso coa memoria democrática e cos valores da democracia. É un recordatorio de que, a pesar dos avances que se lograron na loita pola memoria democrática, aínda hai moito traballo que facer.
Vigo aínda necesita unha reparación moral polos delitos de xenocidio cometidos na nosa cidade.

ÚLTIMAS

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...

“Estamos desesperados”, veciños de Privada Moderna esixen á Sareb que “cumpra a sentenza” e arranxe os seus pisos

Veciños da rúa Privada Moderna de Vigo esixíronlle á Sociedade de Xestión de Activos...

Sr. Feijóo, o “cancro” é unha enfermidade, non un modelo de absentismo laboral. Quen coida de quen coida?

Por Pedro de Castro (Vigo - 1978)  Hai persoas que enferman sen estar nunha...