InicioSen categorizarMoaña ten unha cita co Regueifa Tour polo 8M

Moaña ten unha cita co Regueifa Tour polo 8M

Será ás 17:30h na Casa da Mocidade.

PUBLICADO O

- Advertisement -

As Regueifeiras da Semente chegan a Moaña coa súa xira ‘O Regueifa Tour’ que comezou en setembro en Vigo e continuou no Courel, Vilalba, Vila de Cruces, Viana do Bolo e, en no País Vasco, en Lekeitio, Derio e Donosti. Desta forma levaron a regueifa por distintos locais onde se reune a mocidade para realizar estas rimas improvisadas, fóra do horario escolar.

Este 8 de marzo, ás 17:30, O Regueifa Tour fai parada en Moaña, dentro das actividades feministas do Concello, na Casa da Mocidade. Participarán no evento as improvisadoras Sara Marchena e Tegra do Courel, acompañando ás Regueifeiras da Semente.

AS REGUEIFEIRAS DA SEMENTE

As Regueifeiras da Semente son catro rapazas de entre 11 e 14 anos que regueifan desde sempre: son regueifeiras nativas, aprenderon a regueifar ao mesmo tempo que a falar. Reúnense un dia á semana para regueifar, como atividade extraescolar na Escola de Regueifa da Semente, en Compostela.

Teñen actuado en dúcias de festas e festivais, como a Regueifesta, o Enreguéifate, o Festival de Pardiñas, o Festival de Repentismo de Madeira, o Festival Internacional de Verso Popular- Festcordel, en Abanca, Portugal, a Escola de Regueifa de Carballo ou en cursos de formación de profesorado do CFR. En 2023 participaron na serie documental sobre regueifa “Regueifa – Freestyle” de Nós Televisión.

O espectáculo contén desde regueifa tradicional até novas influencias como bases eletrónicas, xogos de humor, temas vinculados aos movimentos sociais como, neste caso, o feminismo

ÚLTIMAS

Decenas de persoas protestan para esixir un protocolo que garanta seguridade no SAF: “Teresa somos todas”

Preto dunhas 200 persoas manifestáronse na tarde deste mércores en Vigo para esixir un...

Abel Caballero denuncia un ciberataque prorruso contra a web do Concello de Vigo

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, informou de que a web do Concello sufriu...

O Tren Celta fará transbordos en Viana do Castelo por cuestións “operativas”

O Tren Celta, que comunica a estación Vigo Guixar con Porto Campanha, deixará de...

Críticas do PP a Caballero: “máis medidas e menos propaganda” para frear a “caída libre” de Peinador

O PP de Vigo pediu ao alcalde, Abel Caballero, "máis medidas e menos propaganda"...