InicioSen categorizarMoaña tínguese de amarelo en apoio aos políticos cataláns presos

Moaña tínguese de amarelo en apoio aos políticos cataláns presos

PUBLICADO O

- Advertisement -

Moaña amenceu este martes con algúns dos seus monumentos ‘vestidos’ con lazos amarelos, o símbolo do independentismo catalán en defensa dos políticos presos tralo referendo do 1 de outubro do pasado ano e a frustrada declaración de independencia.

Entrada da igrexa do Carme de Moaña, con lazos amarelos
Entrada da igrexa do Carme de Moaña, con lazos amarelos / BNG

A estatua en homenaxe aos mariñeiros,a escultura de peixes de Juan Rivas, valos do parque infantil da alameda, a entrada á igrexa parroquial do Carme e outros lugares da localidade.

Os lazos colocáronse a pasada madrugada coincidindo coa Diada, ou “Día Nacional de Cataluña”.

A estatua do Fisgón, cun lazo amarelo / BNG.
A estatua do Fisgón, cun lazo amarelo / BNG.

ÚLTIMAS

Biznaga, Caamaño&Ameixeiras, Guadalupe Prata, Susana Seivane e Santero e Los Muchahos, no cartel do Festival de Cans

Biznaga, Caamaño&Ameixeiras, Guadalupe Prata, Susana Seivane e Santero e os Raparigos son algunhas das...

Localizada en bo estado a muller de 41 anos desaparecida en Vigo o pasado domingo

A veciña de Vigo de 41 anos de idade desaparecida desde o pasado domingo,...

O BNG de Vigo denuncia “precariedade” na agrupación de Protección Civil e pide “solucións urxentes”

O portavoz municipal do BNG en Vigo, Xabier Pérez Igrexas, demandou ao goberno local...

O acusado de agredir dúas mozas en Vigo nega os feitos e as vítimas aseguran que estaban en “shock”

Un acusado de agredir sexualmente a dous mozos en Vigo desmentiu os feitos nunha...