InicioSociedadeAs limpadoras de Cangas, "sufrindo discriminación salarial desde o ano 1992"

As limpadoras de Cangas, “sufrindo discriminación salarial desde o ano 1992”

A CNT denuncia a precariedade laboral que sofren as limpadoras no Concello de Cangas

PUBLICADO O

- Advertisement -

As empregadas do servizo de limpeza de edificios públicos do Concello de Cangas reciben no ano 2020 a mesma remuneración que recibía un traballador de limpeza viaria no ano 2010. Dez anos de diferenzas salariais que, tras a subida do custo de vida nestes últimos anos, deixa ás traballadoras nunha situación de precariedade. Con todo, esta discriminación non é novaxa que se produce dende o ano 1992 no que se negociou o convenio colectivo e perdura até o día de hoxe coa conivencia do comité de empresa.

Así, o cre, cando menos, a CNT, que demanda tamén ao Concello deCangas por discriminación indirecta por razón de xénero na contratación. Neste caso, as traballadoras públicas do servizo de limpeza de edificios públicos asinan contratos temporais cunha duración de 6 meses e tras este período volven a unha bolsa de traballo na que teñen que esperar até ser chamadas de novo. Ademais da discriminación indirecta por razón de xénero, A CNT acusa ao concelo de cometer tamén unha fraude na contratación dunha parte importante do persoal público que traballa para a corporación, dado que realiza contratos temporais para traballos estruturais, habituais e permanentes.

O sindicato CNT estará en Cangas o vindeiro 4 de xullo nunha xuntanza explicativa onde todos os traballadores e traballadoras poidan comprender a grave situación de desigualdade, precariedade e temporalidade na que se atopan baixo o goberno municipal “e co beneplácito do resto de representantes sindicais”.

ÚLTIMAS

A praza baleira e a nosa débeda con Martínez Garrido

O outro día atopeime cunha imaxe tan chocante como reveladora: o busto do Rei...

O PP afea a Caballero que se acorde das familias “só en ano electoral” e pide recuperar as axudas para libros

O grupo municipal do PP en Vigo reclamou este martes ao goberno local que...

A falta de visibilidade en Peinador obriga a regresar a Madrid a un avión con destino Vigo

A falta de visibilidade obrigou a regresar a Madrid ao piloto do voo de...

‘Romaría’: Carla Simón viaxa á ría de Vigo para reconstruír o pasado dos seus pais

A cidade de Vigo acolle este martes a preestrea do filme 'Romaría' (a estrea...