InicioSociedadeAo redor de 200 persoas piden "xustiza para as vítimas das residencias"...

Ao redor de 200 persoas piden “xustiza para as vítimas das residencias” en Cangas

Denuncian os "niveis xenocidas de atención" a través dunha marcha cívica que atravesou a vila.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Ao redor de 200 persoas protagonizaron este xoves, 18 de xuño, unha marcha cívica que partiu do concello de Cangas ás 20:00 horas. Fixérono en solidariedade e busca de xustiza para as vítimas contaxiadas e falecidas nas residencias e en demanda de “servizos 100% públicos e de calidade para a dependencia”, en contra da súa privatización.

A marcha estivo organizada polo Movemento en Defensa das Pensións Publicas MODEPEN, as Traballadoras de Residencias de Galicia TREGA e a asociación de familiares e usuarios de residencias Vellez Digna. Con todas as medidas de seguridade en regra, unhas 200 persoas mobilizáronse “contra a privatización que converte os maiores e dependentes nunha mera mercadoría coa que especular”, denuncian nun comunicado.

As persoas maiores, din, “quedan en mans de empresas cuxa única bandeira son os cartos e que non dubidan en recortar custes en comida, en persoal e en coidados ata chegar aos actuais niveis xenocidas de atención en moitas das nosas residencias”. Ademais, lembran que os “recortes” provocaron, no marco desta pandemia, que calquera persoa usuaria dunha residencia privada tivera “24 veces máis de probabilidades de morrer” ca unha persoa dunha residencia pública.

Instan a sociedade galega, xa que logo, a “deixar de mirar para outro lado e dicir basta ao maltrato, neglixencia e abandono que sofren os dependentes“. Entre as demandas que piden estas asociacións está a de desenvolver unha comisión parlamentaria de investigación e unha nova lei de dependencia que asegure a atención á dependencia “como dereito fundamental” e a atención aos dependentes “como cidadáns de primeira”. Por último, esixen explicacións ao redor de “por que dos 274 mortos en residencias, máis de 130 morreron dentro delas sen que se derivasen a hospitais”. 

ÚLTIMAS

A Policía de Vigo mantén abertas todas as liñas de investigación polo incendio dun edificio en Cesáreo González

A Policía Nacional de Vigo investiga "con todas as liñas abertas" o incendio ocorrido...

Abel Caballero esixe desculpas a Alfonso Rueda polo atraso do AVE a Porto ata 2039

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cargou contra o presidente da Xunta, Alfonso Rueda,...

25 de Abril: Unha revolución permanente

O 25 de abril de 1974 foi unha revolución decisiva en Portugal, que acabou...

Tres persoas feridas, unha delas de gravidade, nun incendio nun edificio en Vigo

Tres persoas resultaron afectadas, unha delas de gravidade, tras un incendio nun edificio situado...