InicioCulturaAs coplas que botaban as conserveiras de Cangas fronte aos abusos dos...

As coplas que botaban as conserveiras de Cangas fronte aos abusos dos patróns

As mulleres das fábricas de conserva facían canción protesta, nin máis nin menos. Fronte ás inxustizas laborais, elas botaban poderosas coplas pola boca: "Nesta fábrica de Massó, me estou deixando a vida...". Aquí vai o proceso de descuberta desta historia silenciada, da man do escritor Xurxo Souto.

PUBLICADO O

Esta é unha historia de metaliteratura, dunha literatura que chamou por máis literatura, por máis historia. O escritor Xurxo Souto é o impulsor dela e o mar, o punto en común de todo canto a rodea. A andaina comezou cando o autor deu en publicar A gran travesía de Chiruca Macallás (Xerais, 2018), que conta as aventuras dunha patroa de pesca que capitaneaba nun gran sol. 

De aí en diante, todo foron fermosos descubrimentos. Xurxo Souto iniciou unha xira de presentación do seu libro á que chamou ‘Ruta Vigocoruñenta’ baixo a premisa de que Vigo e mais A Coruña son a mesma cidade. Ao longo deste camiño atlántico, a música foise facendo oco de maneira natural, e todo un cancioneiro propio das mulleres do mar que ata daquela permanecera agochado se foi abrindo paso entre conversa e conversa. Ás veces, resta con tirar un chisco do fío para descubrir grandes historias, para rescatar do esquecemento ou do silencio aquilo que durante anos quedou marxinado na memoria das nosas avoas, portas cara adentro. 

UN MAR DE MULLERES

Di Xurxo Souto que o libro é unha escusa para comunicarse e coñecer outras persoas en directo. Tamén para reivindicar as mulleres do mar e o seu xénero sonoro co que se foi atopando polo camiño. ‘A gran travesía de Chiruca Macallás’ fala dun mar onde as mulleres son as protagonistas. Trata, daquela, esa “dobre invisibilidade”: o mundo do mar invisible e o mundo das mulleres invisibles. 

Diante de todas as dinámicas de localismos, Xurxo Souto procura facer ver que as galegas dunha punta e doutra non son tan alleas entre si. “A Coruña e Vigo son a mesma cidade”, proclama con orgullo. A súa teima é superar tópicos para decatarse de que “unha rapaza do Calvario é cuspidiña a un rapaz dos Maios”. Acontece que na terra reina o “negocio da incomunicación”, que segundo di, leva por nome AP-9.

O UNIVERSO SONORO DAS MULLERES DO MAR

Xurxo Souto parafrasea o estudoso sueco Staffan Morling: “Galicia non é a fin do mundo, é o centro do mar”. Un mar cun universo sonoro á par del. Os cancioneiros galegos estan cheos de cantos de traballo, mais neles non veñen recollidos os cantos concretos das mulleres do mar, e moito menos, os das traballadoras das fábricas de conservas. Agora moitas delas xa van maiores, pero na súa memoria seguen resoando aquelas coplas que botaban contra os abusos e as explotacións dos seus patróns. Eran cantos rebeldes, empoderados. Era a palabra facendo fronte ás inxustizas laborais, á precariedade.

Carmiña, de Massó de Cangas, entoaba así… Nesta fábrica Massó, me estou deixando a vida / Mira, mira Maruxiña, mira como veño eu. / De tanto empacar sardiñas, teño as manciñas perdidas / Mira, mira Maruxiña, mira como veño eu. / E cando pasa Manuel, e nos encontra charlando / Mira, mira Maruxiña, mira como veño eu. / Levanta a vista pra arriba, e baixa a vista pra abaixo / Mira, mira Maruxiña, mira como veño eu. / Nesta fábrica Massó, me estou deixando a vida.

Podes ler a reportaxe completa en Galicia Confidencial.

ÚLTIMAS

A Xunta pide ao Concello de Vigo “axilizar ao máximo” o seu informe sobre a PXOM

A Xunta de Galicia pediu ao Concello de Vigo que "emende os erros detectados"...

O Goberno traslada “tranquilidade” polo crime da maleta que, por agora, non se considera violencia de xénero

O subdelegado do Goberno en Pontevedra, Abel Losada, trasladou este luns unha "mensaxe de tranquilidade" sobre...

A CEG aborda con Caballero as necesidades de transporte de Vigo e insiste en pedir que o tren chegue ao porto de Bouzas

O presidente da Confederación de Empresarios de Galicia (CEG), Juan Manuel Vieites, reuniuse este luns co...

Trasladan ao hospital a unha octoxenaria con problemas respiratorios tras un incendio no portal dun edificio en Gran Vía

Unha muller de 82 anos de idade foi trasladada ao Hospital Álvaro Cunqueiro de...