InicioSociedadeO SonRías Baixas mantense a pesar de entrar Bueu en nivel alto...

O SonRías Baixas mantense a pesar de entrar Bueu en nivel alto por Covid e dividirá ao público en grupos de 500 persoas

O festival, que inclúe a única cita do verán en Galicia de Kase.O, terá sectores con equipamentos independentes.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Festival Sorrías Baixas de Bueu mantense do 3 ao 8 de agosto, a pesar de que este municipio pontevedrés entrará no nivel de restricións altas pola incidencia de casos de coronavirus a medianoite deste sábado. Para cumprir os protocolos sanitarios, a sede habitual desta cita, o Recinto Multiusos da Estacada, dividirase en sectores de 500 persoas.

A organización asegura que conta cun protocolo Covid-19 propio coordinado polo Servizo Galego de Saúde que “garante a seguridade do público durante á súa celebración”. Os distintos sectores que se habilitarán no recinto da Estacada contarán con equipamentos independentes en cada zona e con circuítos de percorridos sinalizados.

En concreto, o espazo contará con tres zonas diferenciadas, en función do prezo das entradas (29, 26 ou 23 euros, en función da distancia co escenario) e cada unha estará dividida en sectores que contarán con servizos (aseos, barra, zona de recarga e punto de merchandising). Estes sectores independentes terán unha capacidade, como máximo, de 500 persoas.

Jordi Lauren, un dos responsables do evento, asegurou este xoves, na presentación do festival, que os accesos ao recinto estarán regulados e todos os asistentes recibirán as indicacións sobre como acceder ás zonas e sectores a través de correo electrónico, ademais de poder consultalo na web ou seguir as indicacións que se facilitarán a través de redes sociais.

“Sonrías garantirá que o público transite unicamente por espazos sinalizados (que se corresponden á contorna das súas entradas preasignadas), respectando en todo momento as indicacións das autoridades sanitarias e facilitando o cumprimento do protocolo sanitario, que contará co visto e place do Sergas”, afirma a organización.

Para evitar concentracións puntuais, o Sonrías Baixas contará cun sistema de pago ‘cashless’, coa posibilidade de recarga tanto desde os dispositivos móbiles como duns tótems que estarán distribuídos polo recinto.

PROGRAMACIÓN

O programa deste ano, que se presenta como un ciclo de concertos, conta con seis sesións nocturnas, con dous directos cada noite ás 21.00 e ás 22.15 ou ás 22,30 horas.

A programación inclúe a única data en Galicia deste verán de MC Kase.Ou, O Adhesivo, Travis Birds, Mordo e Tu Otra Bonita. Contará tamén cos directos de Sés, A M.O.D.A., TéCanela, Sabela, ISEO & Dodosound, Cidade Xara e SonDaRúa.

Sorrías Baixas xa ten as localidades esgotadas para o venres 6 e o sábado 7 de agosto.

ÚLTIMAS

Caballero saca peito e di que Vigo é un “modelo turístico en España”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, celebrou que a cidade "continúe sendo un modelo turístico...

O BNG de Vigo pide limitar o uso de petardos no Fin de Ano polos “prexuízos” a animais e persoas maiores

O BNG de Vigo demandou ao goberno local que emita un bando para limitar...

Auxilian en Vigo a un home de 50 anos que entrou en parada cardiorespiratoria en plena rúa, resultando falecido

Os profesionais de emerxencias auxiliaron na tarde deste xoves en Vigo a un home duns...

Comisan en Ecuador máis dunha tonelada de cocaína que tiña como destino o porto de Vigo

A Policía Nacional de Ecuador comisou, en Guayaquil, máis dunha tonelada de cocaína nun colector que...